Michael Kidd-Gilchrist

Modelo:BiografíaMichael Kidd-Gilchrist

(2012) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento26 de setembro de 1993 Editar o valor en Wikidata (31 anos)
Elizabeth, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
EducaciónSt. Patrick High School (en) Traducir
Universidade de Kentucky Editar o valor en Wikidata
Altura201 cm Editar o valor en Wikidata
Peso103 kg Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónbaloncestista Editar o valor en Wikidata
Período de actividade2012 Editar o valor en Wikidata -
Nacionalidade deportivaEstados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Deportebaloncesto Editar o valor en Wikidata
LigaBaloncesto masculino da División I da NCAA e National Basketball Association Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoAla e Escolta Editar o valor en Wikidata
Número deportivo14 Editar o valor en Wikidata
Convocado porCharlotte Hornets Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
Charlotte Hornets
2011–2012 Kentucky Wildcats

Twitter: MKG14 Editar o valor en Wikidata

Michael Anthony Edward Kidd-Gilchrist, nado Michael Gilchrist o 26 de setembro de 1993 en Camden, Nova Jersey, é un xogador americano de baloncesto profesional.

Instituto

[editar | editar a fonte]

Mentres estivo no St. Patrick High School foi considerado un dos mellores xogadores de baloncesto nos Estados Unidos.[1] En xullo de 2010, Gilchrist, xunto ó seu compañeiro en Kentucky Marquis Teague, formaron parte do equipo que gañou a medalla de ouro no Campionato do Mundo FIBA sub-17 en Hamburgo.[2] Na primavera de 2011, Gilchrist e St. Patrick foron derrotados nas semifinais do NJSIAA Parochial polo St. Anthony High School.

Traxectoria universitaria

[editar | editar a fonte]

Gilchrist decidiu ir á Universidade de Kentucky o 14 de abril de 2010.[3] No seu primeiro partido da tempada 2011-12, e o primeiro coma Wildcat, Kidd-Gilchrist foi titular e anotou 15 puntos, con 5 de 9 tiros anotados contra os Marist Red Foxes. Nun partido contra os seus rivais, os North Carolina Tar Heels, Kidd-Gilchrist liderou a Kentucky en anotación con 17 puntos, e ademais capturou 11 rebotes, conseguindo o seu primeiro dobre-dobre coma Wildcat. Contra os cuartos clasificados, os Louisville Cardinals, Kidd-Gilchrist fixo a súa actuación máis espectacular da tempada con 24 puntos e 19 rebotes, anotando 13 tiros libres e rematando o partido sen ningunha perda de balón por primeira vez dende que chegara a Kentucky.

Traxectoria profesional

[editar | editar a fonte]

O 28 de xuño de 2012, Kidd-Gilchrist foi elixido na 2ª posición do Draft da NBA de 2012 polos Charlotte Bobcats.[4] O 8 de febreiro de 2020, foi cortado por Charlotte.[5]

O 11 de febreiro de 2020, Kidd-Gilchrist asinou cos Dallas Mavericks.[6] Debutou cos Mavericks o 21 de febreiro de 2020, na vitoria por 122-106 contra os Orlando Magic.[7]

O 28 de novembro de 2020, Kidd-Gilchrist asinou cos New York Knicks.[8] Foi cortado polos Knicks o 19 de decembro de 2020.[9]

  1. Seth Davis. "Just a junior, quiet but confident Gilchrist is nation's top player Arquivado 05 de febreiro de 2012 en Wayback Machine.". Sports Illustrated. 10 de xullo de 2009. Consultado o 10 de xaneiro de 2010.
  2. "Future Kentucky Wildcats Michael Gilchrist and Marquis Teague Win Gold". Arquivado dende o orixinal o 02 de marzo de 2012. Consultado o 29 de xuño de 2012. 
  3. Knight, Gilchrist highlight Cats' one-day haul Arquivado 12 de setembro de 2019 en Wayback Machine.. Consultado o 16 de abril de 2010.
  4. UK's starting five opts for draft
  5. "Hornets Waive Michael Kidd-Gilchrist". National Basketball Association. 8 de febreiro de 2020. Consultado o 8 de febreiro de 2020. 
  6. "Michael Kidd-Gilchrist signs with Mavericks". nba.com. 11 de febreiro de 2020. Consultado o 11 de febreiro de 2020. 
  7. "Doncic, Mavericks notch another road win, 122-106 at Magic". nba.com. 21 de febreiro de 2020. Consultado o 21 de febreiro de 2020. 
  8. "Knicks Sign Michael Kidd-Gilchrist". National Basketball Association. 28 de novembro de 2020. Consultado o 28 de novembro de 2020. 
  9. "Knicks Waive Three Players". NBA.com. 19 de decembro de 2020. Consultado o 20 de decembro de 2020. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]