Michael McGoldrick

Modelo:BiografíaMichael McGoldrick

(2012) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento26 de novembro de 1971 Editar o valor en Wikidata (52 anos)
Manchester, Reino Unido Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmúsico Editar o valor en Wikidata
Membro de
Xénero artísticoMúsica irlandesa, Música celta e Blues Editar o valor en Wikidata
InstrumentoFrauta irlandesa, Tin whistle, low whistle, Uilleann pipes, Chifre, Frauta e Cistro Editar o valor en Wikidata
Selo discográficoVertical Records (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata

Facebook: Michael-McGoldrick-Music-596364614073638 Musicbrainz: 575945ae-c310-40c1-b42a-4caf7edf8080 Songkick: 557248 Discogs: 289132 Editar o valor en Wikidata
Michael McGoldrick tocando unha frauta irlandesa no Festival Intercéltico de Lorient de 2013.

Michael McGoldrick (Manchester, 1971) é un músico inglés de pais irlandeses que toca a frauta e a frauta irlandesa grave. É considerado como un dos mellores frautistas viventes no campo da música irlandesa. Tamén toca a gaita irlandesa.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Foi membro de varias bandas influentes e é moi demandado como músico invitado. En 1994 gañou o premio da BBC á Tradición Nova, e en 2001 o de Instrumentista do ano nos premios de folclore da BBC Radio 2.

McGoldrick foi membro fundador dunha banda de rock celta, Toss the Feathers cando aínda estaba na escola. Tamén participou en Fleadhanna, con Dezi Donnelly e John Kelly. Fixo aparicións en varios festivais locais e nacionais e desenvolveu talleres de frauta/frauta irlandesa no Festival Folclórico de Cambridge e para Folworks na súa xira de concertos "Flutopía".

McGoldrick formou a banda Fluke! (máis tarde renomeada Flook) con Brian Finnegan e Sarah Allen en novembro de 1995. Tras unha xira abandonouna para perseguir outros proxectos. Foi un dos primeiros membros de Lúnasa e tocou nos seus dous primeiros álbums.

Uniuse a Capercaillie en 1997, tocou regularmente para o Afro-Celt Sound System e para a banda de Kate Rusby e agora ten a súa propia banda, Michael McGoldrick Band.

Gravou tres álbums en solitario: Morning Rory, Fused e Wired, nos que experimentou con outros xéneros musicais. O seu álbum At First Light con John McSherry (tamén ex-Lúnasa) retróuxoo ás súas raíces musicais.

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]