Biografía | |
---|---|
Nacemento | 30 de setembro de 1949 (75 anos) Vincennes, Francia |
Actividade | |
Ocupación | astronauta |
Membro de | |
Carreira militar | |
Rango militar | xeneral de brigada |
Tempo no espazo | 18 días, 17 horas e 46 minutos |
Misión do astronauta | |
Premios | |
Michel Ange-Charles Tognini, nado en Vincennes, Francia o 30 de setembro de 1949, é un astronauta francés que formou parte das misións Soiuz TM-14, Soiuz TM-15 e STS-93.[1][2]
Tognini graduouse en matemáticas pola EPA Grenoble, unha escola militar, en 1970. Gradouse como enxeñeiro en 1973 na Ecole de l’air en Salon de Provence e cursou na Escola Imperial para Pilotos de Probas en Boscombe Down (Reino Unido) en 1982. Cursou tamén no IHEDN entre 1993 e 1994. Foi seleccionado como astronauta polo CNES en setembro de 1985, participando nas misións Soiuz TM-14, Soiuz TM-15 e STS-93 e pasando un total de 18,74 días no espazo.[1][2]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Michel Tognini |