Biografía | |
---|---|
Nacemento | (en) Michael Moloney 15 de novembro de 1944 Limerick, Irlanda |
Morte | 27 de xullo de 2022 (77 anos) |
Educación | Universidade de Pensilvania |
Actividade | |
Ocupación | músico |
Período de actividade | 1964 - 2022 |
Xénero artístico | Folk |
Instrumento | Voz, Banjo, Mandolina, Octave mandolin (en) e guitarra |
Premios | |
| |
Descrito pola fonte | Mick Moloney, Musician and Champion of Irish Culture, Dies at 77 (en) |
Sitio web | mickmoloney.com |
Michael Moloney, nado en Limerick, Irlanda, o 15 de novembro de 1944 e finado o 27 de xullo de 2022, foi un músico e estudoso estadounidense de orixe irlandesa.[1] Foi o director artístico de varias xiras artísticas importantes e cofundou Green Fields of America.[2]
O seu pai, Michael Moloney Sr., era xefe de control de tráfico aéreo do aeroporto de Shannon; a súa nai, Maura, traballaba como directora dunha escola primaria de Limerick. Moloney tocou por primeira vez o banxo tenor durante a súa adolescencia.[1] Estudou no University College Dublin, graduándose en economía.[3] Despois trasladouse a Londres para ser un traballador social que axudaba ás comunidades de inmigrantes, antes de unirse a The Johnstons.[3] Despois de tocar co grupo durante cinco anos, emigrou aos Estados Unidos en 1973. Inicialmente instalouse en Filadelfia e finalmente chegou a ser cidadán estadounidense.[3]
Tres anos despois de se mudar aos EUA, Moloney cofundou Green Fields of America, un conxunto de músicos, cantantes e bailaríns irlandeses que realizou xiras por Estados Unidos en varias ocasións. Tamén foi director artístico de varias xiras artísticas importantes. Un deles foi o festival de 1985 en Manhattan titulado "Cherish the Ladies" para destacar as mulleres na área da música tradicional irlandesa, que fora dominada polos homes até esa década.[1] Produciu un álbum para o grupo feminino co mesmo nome titulado Irish Women Musicians in America . A líder do grupo, Joanie Madden, foi unha das futuras bolseiras da National Endowment for the Arts (NEA) que contou coa orientación de Moloney.[3] Produciu e interpretou en máis de 70 álbums e serviu como asesor de numerosos festivais e concertos en toda América,[2] co etnomusicólogo e músico Daniel T. Neely que acada a cifra de 125 álbums.[3]
Moloney realizou estudos de posgrao na Universidade de Pensilvania, obtivo un máster antes de ser doutor en Filosofía, centrando a súa tese en folklore and folk life (folclore e vida folclórica) en 1992. Ensinou etnomusicoloxía e estudos irlandeses na Universidade de Penn, Georgetown e Villanova.[2] Tamén foi profesor distinguido de música e estudos irlandeses na Universidade de Nova York até a súa xubilación.[3] En recoñecemento ao seu traballo no folclore público, recibiu en 1999 a National Heritage Fellowship da NEA.[1]
Ademais da interpretación musical, Moloney escribiu Far From the Shamrock Shore: The Story of Irish American History Through Song, publicado por Crown Publications en febreiro de 2002 cun CD suplementario en Shanachie Records.[4] Foi anfitrión de tres series sindicadas a nivel nacional que cubrían música folk na American Public Television.[5] Traballou como consultor, intérprete e entrevistado no especial de RTÉ Bringing It All Back Home, e tamén foi participante, consultor e arranxador musical de Out of Ireland, un documental de PBS. Moloney actuou no especial da PBS The Irish in America: Long Journey Home.[6]
Casou tres veces ao longo da súa vida. O seu primeiro matrimonio foi con Miriam Murphy. O seu segundo matrimonio foi con Philomena Murray. Xuntos, tiveron un fillo. Após o seu divorcio, casou con Judy Sherman, matrimonio que tamén terminou en divorcio.[7][8] Convivía coa súa parella Sangjan Chailungka no momento da súa morte. Durante os seus últimos anos, dividiu o seu tempo entre Greenwich Village [3][2] e Bangkok, onde residiu con Chailungka. Alí, foi voluntario como musicoterapeuta e profesor para nenos abandonados con VIH no Mercy Center dos barrios pobres de Khlong Toei, fundado polo sacerdote redentorista Joseph H. Maier.[3]
No seu pasamento, o New Yok Times destacou:
Mr. Moloney was passionate about exploring the connections between Irish, African, Galician and American roots music and organized many concerts and lectures highlighting those synergies.O Sr. Moloney foi un apaixonado por explorar as conexións entre a música de raíz irlandesa, africana, galega e americana e organizou moitos concertos e conferencias destacando esas sinerxías.
[3]
Moloney morreu o 27 de xullo de 2022, na súa casa de Manhattan, despois de tocar no Maine Celtic Festival menos dunha semana antes. Tiña 77 anos; non se anunciou a causa da morte.[9]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Mick Moloney |
A Galipedia ten un portal sobre: Música |
A Galipedia ten un portal sobre: Irlanda |
A Galipedia ten un portal sobre: Estados Unidos de América |