Un organismo microaerófilo é un microorganismo que necesita oxíxeno par vivir, pero require ambientes que só conteñan niveis de oxixeno inferiores aos que existen na atmosfera terrestre (é dicir, <21% O2; tipicamente entre o 2 e o 10% O2) ; a niveis de oxíxeno máis altos non poden vivir.[1][2] Moitos microaerófilos son tamén capnófilos, xa que necesitan unha elevada concentración de dióxido de carbono (por exemplo, do 10% de CO2 no caso de especies de Campylobacter).[3]
Os microaerófilos poden ser cultivados en recipientes con candeas. Estes recipientes conteñen unha candea que se acende antes de selar hermeticamente a súa tapa. O lume da candea arde ata que se apaga ao consumirse o oxíxeno que contiña o recipiente, creando unha atmosfera rica en dióxido de carbono pero pobre en oxíxeno.[4] Outros métodos de crear un ambiente microanaerobio son o uso dun xerador de gas e o intercambio de gases.[3]
↑Salim SM, Mandal J, Parija SC (marzo de 2014). "Isolation of Campylobacter from human stool samples". Indian J Med Microbiol32 (1): 35–38. PMID24399385. doi:10.4103/0255-0857.124294.
↑Fernie DS, Park RW (agosto de 1977). "The isolation and nature of campylobacters (microaerophilic vibrios) from laboratory and wild rodents". J. Med. Microbiol.10 (3): 325–9. PMID330861. doi:10.1099/00222615-10-3-325.