Microcastle | ||||
---|---|---|---|---|
Álbum de Deerhunter | ||||
Publicado | 19 de agosto do 2008 (dixital) 28 de outubro do 2008 | |||
Gravación | abril do 2008 | |||
Estudio(s) | Rare Book Room Studios, Nova York | |||
Duración | 40:53 | |||
Xénero(s) | indie rock, shoegazing, ambient | |||
Selo(s) | Kranky, 4AD | |||
Produtor | Nicolas Vernhes | |||
Cronoloxía | ||||
| ||||
Na rede | ||||
![]() ![]() ![]() | ||||
[ editar datos en Wikidata ] | ||||
Microcastle é o terceiro álbum da banda estadounidense de indie rock Deerhunter. Despois de que o disco fose filtrado á Internet, estivo dispoñible en iTunes o 19 de agosto do 2008, mentres que en formato físico publicouse o 28 de outubro do 2008. Nos Estados Unidos foi editado por Kranky Records e en Europa por 4AD. O álbum foi gravado nunha semana de abril de 2008 por Nicholas Vernhes nos Rare Book Room Studios de Brooklyn, Nova York. Nos Estados Unidos o disco vendeu ao redor das 50.000 copias.
A diferenza de Cryptograms, a banda decidiu renunciar ao uso extensivo de pedais de efectos. Ao longo da gravación do disco, só algunhas das pistas de batería e ás veces en "Agoraphobia" foron tratadas. A banda estreou o álbum ao vivo no Brooklyn's Market Hotel o 11 de abril do 2008. Un disco extra, Weird Era Cont., foi publicado ao mesmo tempo que o álbum.
Todos os temas compostos por Bradford Cox, agás onde se indique.