Microsoft FreeCell | |
---|---|
Tipo | videoxogo e compoñente de Microsoft Windows ![]() |
Xénero artístico | videoxogo de naipes ![]() |
Modo de xogo | videoxogo para un xogador ![]() |
Publicación | |
País orixe | Estados Unidos de América ![]() |
Editorial | Microsoft ![]() |
Plataforma | Microsoft Windows ![]() |
[ Wikidata ] |
Microsoft FreeCell[1] é un videoxogo de computador desenvolvido por Microsoft Windows,[2] baseado no xogo de cartas homónimo.
A primeira versión para computador foi creada por Paul Alfille en 1978 para o sistema PLATO. O desenvolvedor de Microsoft Jim Horne, que coñeceu o xogo polo sistema PLATO, deseñou unha versión con gráficos a cor para Windows. Foi incluído por vez primeira no Volume 2 de Microsoft Entertainment Pack. Foi posteriormente incluído en Win32s como unha aplicación.[3]