Microsoft Mahjong | |
---|---|
Desenvolvedor(es) | Arkadium[1] |
Distribuidora(s) | Microsoft Studios[2] |
Lanzamento | 2008 |
Xénero | Crebacabezas |
Modos de xogo | Un xogador |
Plataforma(s) | Windows Runtime[2] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Microsoft Mahjong (tamén chamado Mahjong Titans e Taipei) é un videoxogo de computador publicado por Microsoft. A versión titulada Mahjong Titans foi desenvolvida por Oberon Games e estaba incluída en Windows Vista[3] e Windows 7 (agás as edicións Starter e Home Basic). Toma vantaxe da interface gráfica de usuario de Windows Vista, e inclúe características tales como conxunto de mosaicos e opcións de fondo. (En Windows Vista 5219, 5231 e 5259, o xogo era coñecido como Shanghai Solitaire.[4]) O xogo non estivo incluído en Windows 8; porén, unha versión independente, desenvolvida por Arkadium[1] e publicada por Microsoft Studios,[2] pode ser descargada de balde dende Windows Store.[2]