Nome orixinal | (ja) 多部未華子 |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 25 de xaneiro de 1989 (35 anos) Toquio, Xapón |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Xapón |
Educación | Tokyo Woman's Christian University (pt) |
Actividade | |
Ocupación | actriz |
Lingua | Lingua xaponesa |
Premios
| |
Páxina web | tabemikako.com |
Mikako Tabe (xaponés: 多部未華子), nada en Toquio o 25 de xaneiro de 1989, é unha actriz xaponesa.
En 2002, con trece anos, asinou contrato coa axencia Hirata, e apareceu en pequenos papeis, como no vídeo musical Rainy (2003) da banda Janne Da Arc ou no especial Happy! Happy! da Nippon BS. Comezou a se facer coñecida ao encarnar a Kou Yaten nos musicais de Sailor Moon producidos en 2003 e 2004.
En 2005 pola súa participación nos filmes Hinokio ヒノキオ e Aozora no yukue 青空のゆくえ ("Cara onde vai o ceo azul?") levou o premio Blue Ribbon ao mellor actor revelación[1] concedido pola Asociación de Xornalistas Cinematográficos de Toquio. A súa primeira actuación importante nunha serie de televisión foi en Yamada Tarō Monogatari 山田太郎ものがたり ("A historia de Tarō Yamada") que se emitiu entre xullo e setembro de 2007 na TBS, baseada no manga homónimo, e que recibiu valoracións favorables da crítica [2]. En 2009 logo dunha audición na que participaron 1593 persoas foi a elixida para protagonizar a serie da NHK, Tsubasa つばさ[3]. En 2010 gañou o premio Elan d'or ao mellor actor revelación concedido pola Asociación de Protutores do Xapón. En 2011 protagonizou en Nihon TV a serie Deka Wanko デカワンコ, baseada no manga homónimo, ao que lle seguiron varios especiais, e tamén dese ano é o filme romántico Kimi ni Todoke 君に届け ("Isto é para ti"). En 2015 protagonizou a serie de misterio Do S Deka ドS刑事 da NTV, baseada na novela de Yoshi Nanao.