Milagro Sala

Modelo:BiografíaMilagro Sala

(2015) Editar o valor en Wikidata
Nome orixinalMilagro Amalia Ángela Sala
Biografía
Nacemento27 de xaneiro de 1964 Editar o valor en Wikidata (60 anos)
San Salvador de Jujuy, Arxentina Editar o valor en Wikidata
ResidenciaProvincia de Jujuy Editar o valor en Wikidata
Grupo étnicoPobo colla Editar o valor en Wikidata
RelixiónCatolicismo Editar o valor en Wikidata
Q89547790ser líder da Organización Barrial Túpac Amaru
Actividade
Ocupaciónpolítica, activista Editar o valor en Wikidata
Partido políticoFrente para a Vitória (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Cronoloxía
25 de outubro de 2015eleições parlamentares na Argentina em 2015 (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata

Twitter: SalaMilagro Editar o valor en Wikidata

Milagro Amalia Ángela Sala, nada en San Salvador de Jujuy o 20 de febreiro de 1964, é unha dirixente política e social arxentina, líder indíxena quechua, líder da Organización Barrial Túpac Amaru, unha organización integrante da Central dos Traballadores Arxentinos (CTA) especialmente coñecida polo seu labor de construción de miles de vivendas na provincia de Jujuy.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Dende o 10 de decembro de 2013, desempeñou como deputada provincial na Lexislatura pola Fronte Unidos e Organizados de Jujuy. Renunciou en novembro de 2015, tras ser elixida para unha banca ó Parlasur pola Fronte para a Vitoria.[1]

Por mor dunha acampada que diferentes cooperativas realizaron en protesta contra o gobernador Gerardo Morales, este realizou unha denuncia, acusando a Milagro Sala de «instigación a cometer delitos e tumultos en concurso real», e o 16 de xaneiro de 2016 foi detida.[2] Días máis tarde, o gobernador ampliou a denuncia por «asociación ilícita agravada» e de cometer fraude e prexuízo contra a administración pública, e Sala foi trasladada a un cárcere de mulleres.[3][4] Posteriormente, o xuíz da causa orixinal ordenou a súa liberdade, e o mesmo día resolveu que continuase detida no cárcere, aínda que polas causas de fraude e asociación ilícita e non pola que fora arrestada nun principio.[5]

O fiscal xeral da Procuradoría de Violencia Institucional ditaminou ante unha denuncia de varios deputados que está privada ilegalmente da súa liberdade porque conta con inmunidade por ser lexisladora do Parlasur, mentres que diversas organizacións nacionais e internacionais de dereitos humanos considérana unha presa política.[6][7] O 18 de abril de 2016, o Goberno de Mauricio Macri avalou ante as Nacións Unidas o proceder do Goberno de Gerardo Morales e informou os argumentos polos que sostiña que non se violaron os dereitos humanos de Milagro Sala.[8] Por mor do seu proceder no caso de Milagro Sala, o Estado arxentino foi denunciado por violación de dereitos humanos ante as Nacións Unidas e a Organización dos Estados Americanos.

O 28 de outubro de 2016 o Grupo de Traballo sobre Detención Arbitraria do Consello de Dereitos Humanos das Nacións Unidas considerou que a detención de Milagro Sala era arbitraria e realizou un «chamamento urxente» ó Goberno de Mauricio Macri para que a libere.[9]

O 2 de decembro a Comisión Interamericana de Dereitos Humanos emitiu un comunicado a través do cal "urxe ó Estado arxentino a responder o caso de Milagro Sala" ratificando a decisión do GTDA.[10]

  1. "El oficialismo consigue 26 de las 43 bancas argentinas para el Parlasur". Télam S. E. (Agencia Nacional de Noticias). 26 de outubro de 2015. 
  2. «Milagro Sala, presa por manifestarse», artigo do 17 de xaneiro de 2016 no xornal Página/12 (Buenos Aires).
  3. «Ampliaron la denuncia contra Milagro Sala y exfuncionarios por “asociación ilícita”» Arquivado 26 de abril de 2019 en Wayback Machine., artigo do 19 de xaneiro de 2016 no xornal Infobae (Bos Aires).
  4. Jorquera, Miguel (2016): «Trasladaron a Milagro Sala a una cárcel», artigo do 21 de xaneiro de 2016 no xornal Página/12 (Bos Aires).
  5. «Milagro Sala seguirá detenida por dos causas: defraudación y asociación ilícita».
  6. Verbitsky, Horacio (2016): «La extorsión.
  7. Madres de Plaza de Mayo, Abuelas de Plaza de Mayo, HIJOS, Familiares de Detenidos y Desaparecidos por Razones Políticas (2016): «Documento de los organismos de Derechos Humanos en el 40.º aniversario del golpe de Estado del 24 de marzo de 1976.
  8. Grupo de Trabajo sobre la Detención Arbitraria, del Consejo de Derechos Humanos: «Opiniones aprobadas por el Grupo de Trabajo sobre la Detención Arbitraria, en su 76.º período de sesiones (22 a 26 de agosto de 2016)», sección «Respuesta del Gobierno» del documento «Opinión núm.31/2016 relativa a Milagro Amalia Ángela Sala (Argentina, República)», publicado o 21 de outubro de 2016, en PDF, en el sitio web de la OHCHR (Office of the High Commissioner for Human Rights: Oficina del Alto Comisionado de las Naciones Unidas para los Derechos Humanos).
  9. Henao, Luis Andrés (2016): «United Nations panel tells Argentina to release activist Milagro Sala» Arquivado 30 de outubro de 2016 en Wayback Machine., artigo do 28 de outubro de 2016 no xornal The Washington Post (Washington).
  10. «CIDH urge al Estado argentino a responder al caso de Milagro Sala».

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]