As características morfolóxicas dos miliarenses foron moi cambiantes co tempo, aínda que xeralmente o seu peso estivo entre os 3,8 e 6 os gramos, cun diámetro de entre 23 e 24 milímetros. Con todo, no momento da súa creación o seu peso teórico estableceuse en 1/72 da libra romana (4,5 gramos), o mesmo có do sólido, tamén instituído na reforma monetaria de Constantino de 324.[4]
A súa denominación provén da súa correspondencia co valor dunha milésima parte da libra de ouro.[5]
No ámbito numismático fálase adoito de dúas clases de miliarense: o lixeiro e o pesado[6]. O seu valor en relación á moeda de ouro, o sólido, era de 14 miliarenses pesados ou 18 lixeiros por cada sólido.[7][8]
↑"Follis". En Smith, William. (1890): "The silver unit in Constantine's system was the miliarense, representing the value of 1/1000 of a pound of gold, now coined into 72 gold solidi".
↑Sienes Hernando, Milagros. "As imitações de moedas de bronze do século IV d. C. na Península Ibérica. O caso do AE2 REPARATIO REIPUB". En Trabalhos de Arqueologia. 13. Instituto Português de Arqueologia. Lisboa, 2000. Páxina 16: "Depois de várias tentativas para tornar a emitir moeda de prata, esta só será propriamente cunhada como tal com a criação do miliarense em 320 (1/60 da libra; valia 1/1000 da libra de ouro) mas, sobretudo, a partir de 324, com a introdução de um miliarense ligeiro (1/72)...".