O milibar (símbolo mbar) é a milésima parte do bar, unidade de presión no Sistema Internacional. O milibar é equivalente a cen newtons por metro cadrado ou a cen pascais.
A presión atmosférica media é 1.013 mbar = 101.300 Pa = 759,81 Torricelli (ISO 2533). Cando a presión atmosférica é superior a 1.013 milibares temos unha alta presión ou anticiclón. Cando a presión atmosférica é inferior a 1.013 milibares, temos unha baixa presión, borrasca ou ciclón.