Miniopterus aelleni

Miniopterus aelleni
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Mammalia
Orde: Chiroptera
Familia: Miniopteridae
Xénero: Miniopterus
Especie: M. aelleni
Nome binomial
'Miniopterus aelleni'
Goodman et al., 2009
Disrtibución do Miniopterus aelleni[1]
Disrtibución do Miniopterus aelleni[1]

Disrtibución do Miniopterus aelleni[1]

Miniopterus aelleni é unha especie de morcego do xénero Miniopterus que vive en Anjouan (Comores) e no noroeste de Madagascar. Trátase dun morcego pequeno de cor marrón. Os antebrazos miden 35–41 mm. O tragus (unha proxección situada no bordo interior da orella) é longo, ten a base ampla e a punta roma ou arredondeada. O pataxio (membrana caudal) ten poucos pelos. O padal é plano e ten diastemas ben visibles entre os cairos e os dentes premolares superiores.

As poboacións desta especie foron inclúuídas tradicionalmente na M. manavi, pero estudos publicados no 2008 e no 2009 indican que M. manavi é en realidade un complexo formato para cinco especies diferentes, incluída o Miniopterus aelleni. Polo xeral, o seu ámbito de distribución cadra co do M. griveaudi, outra especie anteriormente incluída en M. manavi.

  1. Goodman et al., 2009b, appendix 1