Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Portugal | ||||
Distritos | Distrito de Coimbra | ||||
Contén a división administrativa | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 13.098 (2011) (103,64 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 126,38 km² | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Datos históricos | |||||
Día festivo | |||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 3220 | ||||
Sitio web | cm-mirandadocorvo.pt |
Miranda do Corvo é unha vila portuguesa no distrito de Coímbra, rexión Centro e subrexión do Pinhal Interior Norte.[1][2] É sede dun municipio de 13 098 habitantes e ten 126,38 km² de área.[1]
A primeira referencia á rexión de Miranda do Corvo data de finais do século X, aínda que hai evidencia arqueolóxica de presenza humana moito antes.[3] Un documento do século X que dicía que estas terras estaban asociadas co Mosteiro de Lorvão en 998, identificaba unha estrutura militar en Miranda do Corvo que incluía unha torre.[3] Hoxe en día acreditase que a poboación das freguesías de Vila Nova e Chão de Lamas decorreu a prehistoria.[3] Cavadas arqueolóxicas arredor do poboado romano de Eira Velha en Lamas ten vestíxios dunha importante comunidade agrícola ao longo das estradas romanas.[3]
O máis antigo poboado, no Alto do Calvário, suxere un período de colonización datado da Idade Media, a partir da datación de tumbas e do composto térreo.[3]
O antigo poboado de Miranda do Corvo desenvolveuse arredor do seu castelo o qual debido á súa localización e defensibilidade, guardaba o acceso ao longo da antiga estrada romana que cruzaba Corvo e ligaba Sellium (Tomar) a Aeminium (Coímbra) mais tamén a outros puntos do interior do oeste peninsular.[3] A súa posición central e a súa vantaxe xeográfica ficeran que adoptase o nome "Miranda", do latín Mirandus (significando "torre de vixilancia").[3]
O poboado era para ter crecido arredor da pena do Alto do Calvário. Porén, aínda coñecendo a importancia da liña defensiva do Mondego durante a Reconquista Cristiá de Coímbra, pouca información sobrevive do papel de Miranda.[3] En 1161, a rexión foi atacada polos almorábides, mais recuaron en Coímbra.[3] O castelo de Miranda do Corvo foi destruído no século XII, resultado na destrución das barreiras de fortificación, muitas mortes e persoas en cárcere. O castelo permaneceu en ruínas, non está claro cando foi reconstruído.[3]
En 19 de novembro de 1136 Miranda recibiu o seu primeiro foral de D. Afonso Henriques,[4] o cal foi confirmado polo rei D. Afonso II.[3]
En 1383 durante o Interregno (1383-1385), Miranda abriu as portas ao rei Xoán I de Castela cando ele viaxaba en dirección a Lisboa para facer fronte ó Mestre de Avis.[3]
Mais ao longo dos séculos o antigo castelo caín en ruínas.[3] O Livro das Posturas polo concello municipal fala dos restos do castelo existindo en maio de 1799.[3] Outros testemuños din que moitas pedras foron roubadas do castelo, resultando nunha prohibición das autoridades locais contra aqueles que irían destruír o castelo para construír as súas casas.[3] Mais, foi ironicamente a reconstrución da ponte de Corvo, sobre a Ribeira do Alhêda que acabou na destrución do castelo.[3]
Durante a terceira incursión da forzas francesas durante a Guerra Peninsular a rexión unha vez máis tornouse un punto estratéxico.[3] Parte da Batalla do Casal Novo, a cal ocorreu na mañá de 14 de marzo de 1811, tivo lugar na freguesía de Lamas.[3] A estratexia de terra queimada usada polas forzas napoleónicas resultou na morte de muitos, na destrución da propiedade e epidemias en muitos puntos.[3]
O concello limita ó nordés con Vila Nova de Poiares, ó leste coa Lousã, ó sueste con Figueiró dos Vinhos, ó suroeste con Penela, ó oeste con Condeixa-a-Nova e ó noroeste con Coímbra.
O municipio de Miranda do Corvo está dividido en 4 freguesías:
Este artigo é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
|