Mistral (mísil)

Mistral
OrixeFrancia
Usado porMarinha Real da Noruega
Guerrasinvasión rusa de Ucraína
FabricanteMatra e MBDA
editar datos en Wikidata ]
Un mísil Mistral montado no seu lanzador nun desfile das Forzas Armadas en 2008.

Mistral é a denominación dun mísil terra-aire fabricado por MBDA e con orixe en Francia.[1]

Características

[editar | editar a fonte]

Mistral é un mísil portátil de curto alcance deseñado para ser lanzado desde diferentes plataformas: vehículos de superficie, buques, helicópteros, mediante sistemas portátiles... O seu desenvolvemento comezou en 1974 e a elección do contratista principal para fabricalo, Matra (máis tarde renomeada como Matra BAE Dynamics, máis tarde convertida en MBDA trala fusión con Aeroespatiale Matra e Alenia Marconi Systems), fíxose en 1980. As primeiras probas do mísil tiveron lugar entre 1983 e 1988 e entrou en produción en 1989. Está despregado nunhas 40 forzas armadas de 27 países distintos, cunhas 16.000 unidades encargadas.[1][2][3]

O mísil alcanzou a capacidade operativa entrando en servizo para as tres Forzas Armadas francesas en 1990. Ten unha masa de 19 kg, un alcance máximo de intercepción de 6 km e unha altura máxima de voo de 3 km, alcanzando velocidades de Mach 2,5. Fíxase pasivamente no obxectivo usando a cabeza frontal infravermella que traballa a dúas lonxitudes de onda: 3 e 5 μm. A cabeza buscadora ten un ángulo de visión estreito para evitar ser confundida polas posibles contramedidas do obxectivo.[2][3]

No momento do lanzamento o Mistral é propulsado por un pequeno motor que lle da un pulo inicial e que é exectado para a entrada en acción do motor principal de propelente sólido. Tralo lanzamento o mísil desprega catro aletas no frontal para o control da dirección.[3]

Lanzadores

[editar | editar a fonte]

O Mistral pode ser usado desde unha variedade de sistemas de lanzamento, entre os que se contan:[3]

  • SATCP (acrónimo de Sol-Air à Très Courte Portée, en francés, significando terra-aire a curta distancia): o lanzador orixinal do Mistral, é o lanzador máis pequeno e portátil dispoñible para o mísil. Trátase dun lanador montado nun pedestal apoiado nun trípode e cun asento e controis para o operador no lado esquerdo.[3]
  • ATLAS (Affût Terrestre Léger Anti-Saturation, montura terrestre lixeira contra ataques aéreos): trátase dun lanzador dobre lixeiro que funciona de maneira parecida ó SATCP.[3]
  • ALBI: é un derivado de ATLAS, no que a plataforma, en lugar de estar ancorada ó solo, intégrase en forma de torreta en vehículos acoirazados.[3]
  • ASPIC: en forma de pedestal, tamén con dous mísiles, vai montada sobre vehículos, pero é operada remotamente. Úsase xunto cun sistema optoelectrónico que vai montado na plataforma.[3]
Unha plataforma SIMBAD con dous Mistral.
  • ATAM (Air-To-Air Mistral): é un sistema que permite lanzar mísiles Mistral desde helicópteros, sendo instalado en helicópteros Gazelle franceses. Deste modo poden ser lanzadas a alturas de entre o nivel do solo e os 5 km cun alcance de entre 0,6 e 5,5 km e calquera rango de velocidade do helicóptero.[3]
  • SIMBAD: é unha modificación de ATLAS para uso naval no que o ombro do operador pode apoiarse nun soporte para contrarrestar o movemento do buque mentres adquire o obxectivo.[3]
  • SADRAL (Système d'AutoDéfense Rapprochée Anti-aérienne Légère, sistema de autodefensa lixeiro antiaéreo de curto alcance): tamén para uso naval, é unha montura para seis mísiles, tres en cada lateral, e operada remotamente.[3]

Países operadores[3]

[editar | editar a fonte]
  • Arabia Saudita
  • Austria
  • Bélxica
  • Brasil
  • Brunei
  • Chile
  • Colombia
  • Corea do Sur
  • Croacia
  • Chipre
  • Ecuador
  • Emiratos Árabes Unidos
  • España
  • Estonia
  • Finlandia
  • Francia
  • Gabón
  • Hungría
  • Indonesia
  • Italia
  • Kenya
  • Kuwait
  • Malaisia
  • Nova Zelandia
  • Noruega
  • Omán
  • Paquistán
  • Qatar
  • Singapur
  • Suíza
  • Suráfrica
  • Taiwán
  • Tailandia
  • Turquía
  • Venezuela
  • Xordania
  1. 1,0 1,1 Army-technology.com, ed. (2012). "Mistral Short-Range Air-Defence Missile System, France" (en inglés). Consultado o 4 de xuño de 2012. 
  2. 2,0 2,1 Jos Schoofs (xullo de 2006). Belgian Wings, ed. "MISTRAL over Crete" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 26 de xaneiro de 2012. Consultado o 5 de xuño de 2012. 
  3. 3,00 3,01 3,02 3,03 3,04 3,05 3,06 3,07 3,08 3,09 3,10 3,11 WeaponSystems.net, ed. (2012). "MISTRAL" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 14 de maio de 2015. Consultado o 5 de xuño de 2012. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]