Miópsidos Myopsida | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
![]() Loligo forbesi, chamado lula en Sada.[1] | |||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Familias | |||||||||||||||||
|
A dos miópsidos (Myopsida) é unha orde de moluscos cefalópodos da superorde dos decapodiformes,[2] ou decápodos, que constitúe, co seu grupo irmán, o dos egópsidos (Oegopsida), os cefalópodos coñecidos na bibliografía internacional como "luras".
Estas luras caracterízanse, entre outras cousas por teren as súas femias un só oviduto (o esquerdo) e non duplo, como os egópsidos, pero principalmente por teren a cámara anterior do ollo pechada ao exterior, ou en comunicación co el a través dunha pequena abertura, situada lateralmente, nunha segunda membrana (ademais da córnea).[3]
A orde foi descrita en 1841 polo naturalista francés Alcide d'Orbigny.
O termo Myopsida está formado polos elementos do latín científico my-, tirado do grego antigo μύω, mýo, 'pecharse', especialmente os ollos, e -opsida, derivado do grego antigo ὅψις ópsis, 'ollo'. Literalmente: 'os de ollos pechados', aludindo a que non teñen burato na córnea dos ollos (como os egópsidos).
Segundo o World Register of Marine Species, a orde comprende tan só as dúas familias seguintes:[2]
Algúns autores substitúen este taxon pola suborde dos miopsinos (Myopsina), dentro da orde dos téutidos (Teuthida).