Modern Love | |
---|---|
Logo da serie. | |
Desenvolvido por |
|
Dirixido por | John Carney |
Tema de apertura | "Setting Sail" de Gary Clark e John Carney |
País de orixe | Estados Unidos |
Lingua(s) | Inglés |
Temporadas | 2 |
Episodios | 16 |
Produción | |
Produtor(es) executivo(s) |
|
Duración | 29–35 minutos |
Emisión orixinal | |
Canle de orixe | Amazon Prime Video |
Primeiro episodio | 18 de outubro de 2019 |
Na rede | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Modern Love é unha serie de televisión antolóxica desenvolvida por John Carney. Está baseada na columna semanal homónima publicada en The New York Times, e estreouse a través de Amazon Prime Video o 18 de outubro de 2019.[1] Os episodios varían de 29 a 35 minutos de duración. En outubro de 2019, a serie foi renovada para unha segunda tempada, que se estreou o 13 de agosto de 2021.[2][3]
Modern Love explora "o amor nas súas múltiples formas, incluíndo o amor sexual, romántico, familiar, platónico e propio", que se presentan en oito episodios de media hora en cada tempada.[4] A serie de Amazon, baseada na columna homónima do New York Times, adapta diferentes historias de amor que acontecen na cidade de Nova York.