Moho nobilis | |||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
![]() Especime conservado | |||||||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||||||
![]() Extinto dende 1934[1] | |||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||
'Moho nobilis' Merrem, 1786 |
Moho nobilis é unha especie extinta do xénero dos ōʻōs (Moho) da familia extinta Mohoidae. Anteriormente, era considerado como un membro dos Meliphagidae.[2]
O Moho nobilis foi descrito por vez primeira por Blasius Merrem en 1786. Tiña unha lonxitude de 32 cm e ás de 11-11,5 cm, cunha cola duns 19 cm. A cor das súas plumas era negra cunha sombra marrón no bandullo. Caracterízase polos mechóns amarelos baixo as ás.