Mommur Chasma | |
---|---|
![]() | |
Imaxe de Oberón feita pola Voyager 2. Mommur Chasma pode ser vista na esquina superior dereita da imaxe. | |
Tipo de accidente xeolóxico | Chasma |
Accidente xeolóxico de | Oberón |
Lonxitude | 537 km[1] |
Profundidade | ? |
Coordenadas | 16,3° S 323,5° L[1](coord. centrais) |
Procedencia do nome | bosque natal da personaxe Oberón da obra de William Shakespeare, Midsummer Night's Dream.[1] |
Mommur Chasma é o canón máis grande da superficie da lúa de Urano, Oberón.[1] Recibiu o nome do bosque natal da personaxe Oberón que aparece na obra de William Shakespeare, Midsummer Night's Dream. Este accidente xeolóxico formouse probablemente nas primeiras etapas da evolución desta lúa, cando o interior de Oberón se expandiu e coma resultado a súa cortiza de xeo rachou.[2] Este canon é un exemplo de graben ou dunha falla normal. Mommur Chasma foi fotografada por primeira vez pola sonda espacial Voyager 2 en xaneiro do 1986.[3]