Monan | |
---|---|
Imaxe de alta resolución de Monan Patera, tomada pola sonda Galileo non seu encontro con Ío de outubro do ano 1999. | |
Tipo de accidente xeolóxico | Patera |
Accidente xeolóxico de | Ío |
Diámetro | 112,89 km[1] |
Profundidade | ? |
Coordenadas | 19,72° N 105,39° O[1] |
Procedencia do nome | Deus orixinario do brasil que destruíu o mundo con lume e inundacións.[1] |
Monan Patera é un patera (un cráter irregular), ou un cráter complexo con ladeiras escaleiradas, na lúa de Xúpiter, Ío. Ten aproximadamente 113 kms de diámetro e está situado a 19,72° N 105,39° O. O nome de Monan provén da mitoloxía brasileira, onde Monan era un deus que destruíu o mundo con lume e inundación, este nome foi aprobado pola Unión Astronómica Internacional no 1997.[1]
Monan Patera ten unha depresión en forma de verme bastante peculiar ó norte dos contrafortes da alongada montaña Monan Mons, ó sur da cal está Ah Peku Patera. Ó leste está o centro eruptivo de Amirani, e o norte está Skythia Mons. Cara ao leste está Gish Bar Patera, Gish Bar Mons, e Estan Patera.[2] Monan Patera ten unhas marxes norte e sur moi semellantes que indican que podería terse formado coma unha cunca e que despois sería recuberta de lava.[3]