A cuncha é oval e pequena, de 2 a 4 cm, de cor escura, as súas beiras, ás veces un pouco achatadas, son dunha cor castaña escura, case negra; mentres a parte superior é lixeiramente máis clara cunha constelación de pequenos puntos brancos. As extremidades anterior e posterior da cuncha presentan tamén marcas abrancazadas. O manto é delgado, escuro con grandes papilas brancas máis ou menos ramificadas.[1]
Exemplar vivo co manto parcialmente estendido
Cuncha vista en diferentes ángulos
Cunchas deixadas nun areal pola acción da baixamar nas Maldivas.