Montreal Victoire | |
---|---|
![]() | |
Fundación | 29 de agosto de 2023 |
Cidade | ![]() ![]() ![]() |
Estadio | Verdun Auditorium (3 795 persoas) Place Bell (10 062 persoas) |
Liga | Professional Women's Hockey League |
Propietario(s) | Mark Walter Group |
Director | ![]() |
Adestrador | ![]() |
Cores | Borgoña, area e negro |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() ![]() |
O Montreal Victoire é un equipo feminino profesional de hóckey sobre xeo da cidade de Montreal, Canadá. É unha das seis franquías da Professional Women's Hockey League (PWHL). Montréal xoga os seus partidos como local no Verdun Auditorium de Montreal e no Place Bell de Laval.
O 29 de agosto de 2023 anunciouse que unha das primeiras seis franquías da PWHL estaría localizada en Montreal.[1] O 1 de setembro a liga anunciou que Daniele Sauvageau, que fora seleccionadora da selección canadense, sería a directora xeral do equipo.[2] O 13 de setembro Kori Cheverie, antiga adestradora asistente da selección canadense e a primeira muller que adestrou un equipo masculino canadense, foi nomeada primeira adestradora do equipo.[3][4]