More Songs About Buildings and Food é o segundo álbum da banda estadounidense de New Wave Talking Heads, o primeiro dunha cadea de tres co-producidos por Brian Eno. O disco foi significativamente máis popular que o seu primeiro traballo, Talking Heads: 77. A mestura dun baixo "funky", e influencias bubblegum, country, reggae e punk, coa distintiva voz de David Byrne, estableceron á banda como un éxito de crítica coñecido polos seus concertos, pero aínda cunhas decepcionantes cifras na venda de discos.
More Songs About Buildings and Food foi publicado o día 21 de xullo de 1978. Chegou ao número 29 da lista Pop Albums da Billboard estadounidense. O seu único sinxelo, unha versión do éxito de Al Green "Take Me to the River", acadou o posto 26 na lista Pop Singles en 1979.
En xullo de 2016 a publicación dixital Paste colocouno no posto 10 da súa lista dos 50 mellores álbums de post-punk.[1]
Cara 1 |
N.º |
Título |
Duración |
1. |
"Thank You for Sending Me an Angel" |
2:11 |
2. |
"With Our Love" |
3:30 |
3. |
"The Good Thing" |
3:03 |
4. |
"Warning Sign" (David Byrne, Chris Frantz) |
3:55 |
5. |
"The Girls Want to Be With the Girls" |
2:37 |
6. |
"Found a Job" |
5:00 |
Cancións extra da reedición de 2005 |
N.º |
Título |
Duración |
12. |
"Stay Hungry (versión de 1977)" (David Byrne, Chris Frantz) |
3:45 |
13. |
"I'm Not in Love (Versión alternativa)" |
5:15 |
14. |
"The Big Country (Versión alternativa)" |
5:01 |
15. |
"Thank You for Sending Me an Angel (versión "Country Angel")" |
2:12 |