Morea branca africana Cynoponticus ferox | |||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
![]() Mapa de distribución da morea branca africana | |||||||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||||||||
Cynoponticus ferox Costa, 1845) [1] | |||||||||||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||||||||||
|
A morea branca africana,[2] Cynoponticus ferox Costa, 1846, é unha especie de peixe da orde dos angüiliformes e familia dos murenesócidos.[1][3]
Moi semellante a primeira vista ao congro. A súa lonxitude pode chagar até os 2 m como máximo, aínda que os que se apañan na pesca adoitan medir 1,5 m por termo medio. A cabeza é grande e ancha, e a boca moi ampla, chegando bastante máis atrás que o ollo, tamén grande e está cuberto pola pel. O dentame é moi forte, con dentes caniformes ben visíbeis. As aletas pectorais están ben desenvolvidas. A aleta dorsal ten a súa orixe á altura das aberturas branquiais e é moito máis longa que a aleta anal, que se insire na metade do corpo.
A coloración do peixe vivo é pardsa avermellada no dorsos, co ventre e os flancos de cor gris escura. As aletas pectorais son negras, e as outras aletas están orladas desa cor. Despois de morto adquire unha cor gris uniforme no dorso e branca no ventre, moi semellante á do congro.
Encóntrase nas costas sobre fondos de area e lama, desde os 10 m. Os exemplares máis grandes captúranse principalmente a profundidades de entre 75 e 100 m.[3]
Distribúese polo Atlántico occidental, desde o estreito de Xibraltar ao golfo de Guinea, onde é moi abundante (de aí o epíteto que se lle aplica en varios idiomas: da Guinea), e polo Mediterráneo occidental.
Depredador, aliméntase principalmente de pequenos peixes e crustáceos.
Péscase con palangre, aínda que de forma ocasional. A súa carne é saborosa, pero ten moitas espiñas.
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Morea branca africana ![]() |