Suxeriuse que este artigo ou apartado sexa fusionado con "Dereito a morrer" (conversa). Para realizar a fusión das páxinas segue estes pasos. |
Morte digna, morrer dignamente ou morrer con dignidade é un concepto ético amplo e, frecuentemente, controvertido, que se refire ao proceso do fin da vida evitando o sufrimento e mantendo o control e a autonomía.[1] En xeral, adóitase tratar como unha extensión do concepto de vida digna, no que as persoas conservan a súa dignidade e liberdade até o cesamento da súa existencia.[2]
Aínda que unha morte digna pode ser natural e sen ningún tipo de asistencia,[2] con frecuencia o concepto está asociado ao de dereito a morrer,[3] así como coa defensa da legalización de prácticas como a eutanasia, o suicidio asistido, a sedación terminal ou o rexeitamento de asistencia médica.[4] Segundo os seus defensores, a posibilidade deste tipo de prácticas sería o que garantiría unha morte digna, mantendo decisións libres até o último momento e podendo evitar unha agonía innecesaria.[2][5]