Mosca (televisión)

Mosca na esquina inferior dereita.

Mosca[1] é o termo informal empregado en televisión para referirse ó logotipo que aparece nunha esquina da pantalla do televisor e que identifica á canle emisora. En ocasións, como no Nadal, efemérides ou eventos especiais, pode aparecer caracterizado dun modo particular. Algúns canais empregan a mosca tamén para promocionar emisións importantes na programación, chamada publimosca.

Moscas dalgunhas das canles que emiten en España

[editar | editar a fonte]
  1. Edith Pazó Fernández (2005). Dicionario galego de televisión (PDF). Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades. p. 127. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]