Mosrite foi un fabricante estadounidense de guitarras, baseado en Bakersfield (California), dende finais dos anos 50 ata principios dos anos 90. A compañía foi fundada por Semie Moseley e os seus instrumentos foron usados por moitos artistas de rock and roll e country.
As guitarras Mosrite foron coñecidas polo seu deseño innovador, a súa alta calidade, por ser moi delgadas, con poucos trastes e ter o mastro estreito, e por ter unhas pastillas cun nivel de saída moi alto. O deseño de Moseley para The Ventures, coñecido como o "Ventures Model" (posteriormente como "Mark I"), foi xeralmente considerado como o buque insignia da marca.