Motown 25: Yesterday, Today, Forever

Motown 25: Yesterday, Today, Forever
Ficha técnica
Título orixinalMotown 25: Yesterday, Today, Forever
DirectorDon Mischer
ProdutorSuzanne de Passe
DistribuidoraMGM/UA Home Video (VHS/Laserdisc)
Starvista Entertainment/Time Life (DVD)
Estrea1983
Duración130 minutos
OrixeEstados Unidos de América Estados Unidos
XéneroMusical
Na rede
IMDB: tt0250595 Discogs: 478173 Editar o valor en Wikidata

Motown 25: Yesterday, Today, Forever é un especial de televisión de 1983, producido por Suzanne de Passe para Motown Records, que serviu para conmemorar o 25 aniversario de Motown (Motown foi fundado en 1959). O programa foi gravado diante dunha audiencia en directo no Pasadena Civic Auditorium en Pasadena (California) o 25 de marzo de 1983,[1] e foi emitido pola NBC o 16 de maio. Os aspectos máis destacados foron a canción de "Billie Jean" por Michael Jackson (momento no cal se gravou o seu primeiro moonwalk), o dúo de Linda Ronstadt con Smokey Robinson, a "batalla de bandas" entre Temptations e Four Tops, o discurso de Marvin Gaye sobre a historia da música negra e a súa memorable intepretación de "What's Going On", a reunión dos Jackson 5, e a reunión de Diana Ross e the Supremes, que interpretaron o seu éxito de 1969 "Someday We'll Be Together". O especial foi coescrito por de Passe con Ruth Adkins Robinson, que escribirían xuntos os programas durante os seguintes 25 anos.

  1. Williams, Janette (25 de xuño de 2009). "Michael Jackson left indelible mark on Pasadena". Whittier (Calif.) Daily News. Arquivado dende o orixinal o 15 de xullo de 2009. Consultado o 4 de xullo de 2009. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]