Mozart in the Jungle | |
---|---|
Xénero | Comedia dramática |
Tema de apertura | "Lisztomania" de Phoenix (Francia) |
País de orixe | Estados Unidos |
Lingua(s) | Inglés |
Episodios | 40 |
Produción | |
Duración | 26–30 minutos |
Distribuidor | Amazon |
Emisión orixinal | |
Canle de orixe | Amazon Video |
Primeiro episodio | 6 de febreiro do 2014 |
Derradeiro episodio | 16 de febreiro do 2018 |
Na rede | |
https://www.amazon.com/dp/B00I3MQ88U/ | |
| |
[ editar datos en Wikidata ] |
Mozart in the Jungle é unha serie de televisión estadounidense desenvolvida por Roman Coppola, Jason Schwartzman, Alex Timbers e Paul Weitz para o servizo de vídeo baixo demanda Amazon Video.[1]
A historia está inspirada no libro de 2005 da oboísta Blair Tindall Mozart in the Jungle: Sex, Drugs, and Classical Music, no que narra as súas memorias como oboísta profesional en Nova York tocando coa New York Philharmonic e orquestras de espectáculos de Broadway shows.[2] Unha das personaxes principais é Rodrigo, encarnado por Gael García Bernal, unha personaxe baseada no director de orquestra Gustavo Dudamel,[3] xunto con Lola Kirke, Malcolm McDowell, Saffron Burrows, Hannah Dunne, Peter Vack, e Bernadette Peters.
O día 6 de abril de 2018 Amazon confirmou o final da serie logo da cuarta tempada estreada en febreiro dese mesmo ano.[4]
Nome | Representado por | Ocupación | Tempadas | |||
---|---|---|---|---|---|---|
1 | 2 | 3 | 4 | |||
Hailey Rutledge | Lola Kirke | Talentosa oboísta que quere tocar na Orquestra Sinfónica de Nova York e que ao longo da serie establece un forte vínculo co director Rodrigo De Souza. | Protagonista | |||
Rodrigo De Souza | Gael García Bernal | O novo director da Orquestra Sinfónica de Nova York. Ao longo da serie establece un forte vínculo coa oboísta Hailey Rutledge. | Protagonista | |||
Gloria Windsor | Bernadette Peters | Presidenta da Orquestra Sinfónica de Nova York. | Protagonista | |||
Thomas Pembridge | Malcolm McDowell | O director emérito da Orquestra Sinfónica de Nova York. | Protagonista | |||
Cynthia Taylor | Saffron Burrows | Violonchelista da Orquestra Sinfónica de Nova York. | Protagonista |
Nome | Representado por | Ocupación |
---|---|---|
Elizabeth "Lizzie" Campbell | Hannah Dunne | Compañeira de piso e mellor amiga de Hailey Rutledge. |
Alex Merriweather | Peter Vack | Bailarín, parella de Hailey durante as dúas primeiras tempadas. |
Betty Cragdale | Debra Monk | Oboísta da Orquestra Sinfónica de Nova York dende hai moito tempo, que de inmediato despreza a Hailey. |
Union Bob | Mark Blum | Frautista piccolo na orquestra e sindicalista que logo do peche patronal da orquestra compaxina o seu traballo na mesma co de condutor de Uber. |
Sharon | Jennifer Kim | Primeira asistente de Rodrigo. |
Warren Boyd | Joel Bernstein | Concertino da orquestra. |
Anna Maria | Nora Arnezeder | Violinista e exmuller de Rodrigo. |
Dee Dee | John Miller | Percusionista da orquestra que tamén subministra fármacos e drogas ao resto de integrantes. |
Triangle Tanya | Rubio Qian | Percusionista da orquestra encargada de tocar o triángulo. |
Edward Biben | Brennan Brown | Membro da xunta da orquestra. |
Nina Robertson | Gretchen Mol | Avogada dos músicos da orquestra durante a crise laboral que acaba namorándose de Cynthia. |
Addison | Makenzie Leigh | Bailarina, compañeira de baile e de piso de Alex. |
Claire | Margaret Ladd | Exmuller de Thomas que morre logo de escoitar a súa sinfonía completa. |
Bradford Sharpe | Jason Schwartzman | Amante da música clásica e propietario do seu propio podcast, "B-Sharpe". Mantén durante algún tempo unha relación coa mellor amiga de Hailey, Lizzie Campbell. |
Marlin Guggenheim | John Hodgman | Un presunto multimillonario namorado de Hailey. |
Winslow Elliott | Wallace Shawn | Pianista concertista neurótico. |
Manuel | Tenoch Huerta Mejía | Amigo da infancia de Rodrigo. |
Andrew Walsh | Dermot Mulroney | Solista de violonchelo que confraterniza con Hailey. |
Alessandra | Monica Bellucci | Unha soprano italiana que vive en Venecia. Alcumada "La fiamma", retirouse da música, aínda que Rodrigo a persuade para que volva cantar. |
Ana María Martínez | Voz de Alessandra ao cantar. | |
Pavel | Sandro Isaack | Membro do persoal da orquestra que mantén unha breve relación con Gloria. |
Mike Margusa | Philip Jackson | Amigo de Hailey a quen ela recruta para traballar na orquestra. |
Sebastian | Christian Coulson | Membro da orquestra de Andrew Walsh que posteriormente convértese en membro da orquestra de Hailey e trasládase ao piso desta. |
Shawn | Cole Escola | Compañeiro de piso de Hailey e membro da súa orquestra que se acaba convertendo no mozo de Sebastian. |
Mozart | Santino Fontana | Visión de Mozart coa que Rodrigo adoita falar na súa imaxinación. |
Liberace | David Turner | Substitúe como visión de Rodrigo a Mozart durante un breve período de tempo. |
A serie foi tamén coñecida por incluír cameos de destacadas personalidades da música clásica como Gustavo Dudamel, o pianista chinés Lang Lang, a compositora estadounidense Caroline Shaw, o violinista Joshua Bell,[5] ou o tenor español Plácido Domingo.[6]
O primeiro capítulo da segunda tempada, titulado "Stern Papa" contou coa presenza do director de orquestra venezolano Gustavo Dudamel como membro do equipo técnico nun concerto que a Sinfónica de Nova York ofrece nos Ánxeles.[7] Tamén nesa mesma tempada, no cuarto episodio, titulado "Touché Maestro, Touché", aparecen o violinista estadounidense Joshua Bell, o pianista Emanuel Ax, e o tamén pianista chinés Lang Lang facendo deles mesmos.[8] Joshua Bell aparece novamente no episodio "Creative Solutions For Creative Lives", o noveno da terceira tempada, como reforzo para a orquestra que dirixe Hailey.[9]
O compositor estadounidense Nico Muhly aparece en "The Modern Piece",o segundo episodio da terceira tempada encarnándose a si mesmo.[10] No quinto episodio da terceira tempada aparece o tenor español Plácido Domingo interpretando un duetto con "La Fiamma", interpretada por Monica Bellucci,[11] que tamén aparece nos catro episodios anteriores encarnando á diva italiana ficticia.[12]
En "Significant Lover", o terceiro episodio da quinta tempada, aparece a compositora estadounidense Caroline Shaw encarnándose a si mesma.[13] Tamén na cuarta tempada, no noveno episodio ("I Want You To Think Of Me") a cantante rock Joan Jett interprétase a si mesma.[14]
Tempada | Episodios | Emisión orixinal | |||
---|---|---|---|---|---|
Primeiro episodio | Último episodio | ||||
1 | 10 | 6 de febreiro de 2014 | 23 de decembro de 2014 | ||
2 | 10 | 30 de decembro de 2015[15] | 30 de decembro de 2015[15] | ||
3 | 10 | 9 de decembro de 2016[16] | 9 de decembro de 2016[16] | ||
4 | 10 | 16 de febreiro de 2018[17] | 16 de febreiro de 2018[17] |
A primeira tempada da serie recibiu comentario positivos por parte da crítica. O agregador de recensións Rotten Tomatoes deulle á serie unha porcentaxe do 95%, 'fresh', baseado en 20 críticas, co consenso da crítica "Aínda que confinado ao mundo illado da música clásica, en Mozart in the Jungle Gael García Bernal fai cantar este pequeno e encantador espectáculo".[18] Metacritic puntuou a serie cun 73 sobre 100, indicando 'críticas xeralmente favorables'.[19] Cory Barker, escribindo para TV.com, eloxiou a serie: "O que funciona tan ben é que Mozart non ten medo de botarte nun mundo no que probablemente non esteas familiarizado, mais non chega tan lonxe no extremo profundo que inmediatamente te somerxes na xerga e apostas dramáticas distanciadas".[20] Robert Lloyd, para The Los Angeles Times, tamén eloxiou a primeira tempada, afirmando que "As personaxes que foron portavoces de actitudes comezan a parecer persoas, máis complicadas do que unha descrición en miniatura pode prover. Interésaste no que será delas sen agardar ou alentar ningún resultado particular".[21] Kory Grow, de Rolling Stone, tamén eloxiou a serie, escribindo que "grazas aos guións extravagantes e un elenco de actores intelixente... resulta fantástica sen soar fora de ton."[22]
Tim Goodman, de The Hollywood Reporter, tamén lle deu á primeira tempada unha crítica positiva. "Bernal é agradable e magnético, e fai que o maestro ecléctico apareza na pantalla. El só vale para transmitir a serie, mais, afortunadamente, hai moitas máis cousas nela".[23] Brian Lowry, escribiu para Variety, tamén gabando a serie: "Se ben Mozart é sen dúbida unha confección de nicho, o programa xeralmente brilla ao demostrar moito encanto mesmo cando non hai moitas risas".[24] Nunha crítica máis variada, Jeff Jensen de Entertainment Weekly deulle á serie un B-.
Se ben a crítica con mentalidade social eloxiou o pulo da serie pola equidade de xénero, a orquestra case totalmente integrada por persoas brancas e o elenco principal recibiron críticas de parte do NPR por ser pouco realista, dada a prevalencia de músicos do leste de Asia nas orquestras da vida real.[25]
Ano | Premio | Categoría | Nomeadas/os | Resultado | Ref. |
---|---|---|---|---|---|
2015 | Imagen Foundation Awards | Mellor Actor - Televisión | Gael García Bernal | Gañador | [26] |
2016 | Premios Globo de Ouro | Mellor Serie de Televisión - Comedia | Mozart in the Jungle | Gañador | [27] |
Mellor Actor de Serie de Televisión – Musical ou Comedia | Gael Garcia Bernal | Gañador | |||
Premios Primetime Emmy | Outstanding Sound Mixing for a Comedy or Drama Series (Half-Hour) and Animation | Thomas Varga, Andy D'Addario, Bill Higley, Chris Navarro (por "Nothing Resonates Like Rhinoceros Foreskin") | Gañador | [28] | |
Imagen Foundation Awards | Best Actor - Television | Gael García Bernal | Gañador | [29] | |
2017 | Premios Globo de Ouro | Mellor Serie de Televisión - Comedia | Mozart in the Jungle | Nomeado | [30] |
Mellor Actor de Serie de Televisión – Musical ou Comedia | Gael Garcia Bernal | Nomeado | |||
Premios Primetime Emmy | Outstanding Cinematography for a Single-Camera Series (Half-Hour) | Tobias Datum (por "Now I Will Sing") | Nomeado | [31] | |
Outstanding Production Design for a Narrative Program (Half-Hour or Less) | Tommaso Ortino, Susanna Codognato, Letizia Santucci (por "Now I Will Sing") | Nomeado | |||
Outstanding Sound Mixing for a Comedy or Drama Series (Half-Hour) and Animation | Andy D'Addario, Gary Gegan, Marco Fiumara (por "Now I Will Sing") | Gañador |