Mpraeso é unha cidade de Ghana, a capital do Distrito de Kwahu do Sur que forma parte da rexión histórica de Kwahu e administrativamente da Rexión Oriental, localizada a 367 metros sobre o nivel do mar e está arrodeada por forestas protexidas [1]. A súa poboación é de 11.010 habitantes (2012).[2] e é famosa pola súa cerámica, o descubrimento de bauxita preto da cidade en 1925 permitiu o desenvolvemento dunha industria mineira ao longo do río Volta.[3]