Un muro pantalla ou pantalla de formigón in situ é un tipo de pantalla, ou estrutura de contención flexible, empregado habitualmente en enxeñaría civil. Os elementos estruturais deste tipo de pantalla execútanse en obra, a diferenza das pantallas de paneis prefabricados de formigón, onde se recorren a elementos prefabricados. Tamén o que caracteriza a estes sistemas é que o terreo sácase unha vez construído o muro.
A construción de muros pantalla é unha técnica relativamente recente. Schneebeli no seu libro Muros pantalla asegura que o procedemento iniciouse en Italia da man dous enxeñeiros, Verder (1952) e Marconi (1953), que o empregaron case simultaneamente.
As dimensións dos paneis que conforman os muros pantalla son entre 2,5 e 5 m de lonxitude, e 4 a 15 dm de grosor. A lonxitude da pantalla depende do dimensionamento da mesma.
Cada elemento que conforma un muro pantalla traballa independentemente, e entre eles presentan xuntas que deben ser estancas, evitando o paso de auga a través das mesmas). O cálculo das pantallas adóitase realizar supoñendo que é unha viga ensamblada que soporta o pulo de terras.
Se se ten previsto executar elementos de soporte (ancoraxes, puntais), vanse colocando a medida que se realiza a escavación.
A continuación indícanse os pasos a seguir no proceso construtivo do muro pantalla, que unha vez concluído, permite a escavación do terreo.
A construción dos distintos paneis farase alternando gabias e do xeito máis continuado posible. Comézase cos traballos de escavación de dous muros guía de 0,8 a 1,5 metros de profundidade cuxa función é definir o percorrido horizontal da máquina. Logo procederase a escavación do rego do panel, e poderase facer con ou sen bentonita (lodo bentonítico) segundo á calidade do terreo. A bentonita é unha lama tixotrópica que acostuma empregarse nestes casos. Despois insírense as armaduras na escavación, formigonéase directamente a parte inferior do panel, e unha vez seco o formigón, faise un arriostamento de todos os paneis por arriba.
O murete guía é un muro que se realiza a ambos lados do rego onde se vai construír a pantalla. Adoita ter de dimensións entre 70 e 100 cm de altura, e entre 30 e 50 cm de espesor.
As funcións do muro guía son:
A lonxitude dos paneis a escavar é, xeralmente de entre 3 e 6 m. A orde de execución dos paneis depende do sistema de escavación e do tipo de pantalla, xa que poden executarse polo método alterno ou continuo.
A escavación pódese realizar de varias formas:
A armadura será previamente montada ou armada. Para a súa colocación, elévase a armadura cun guindastre, e introdúcese no panel. Ficará colgada, por medio dun elemento metálico, do murete guía.
A armadura non pode apoiarse no fondo do rego, dado que flectaría, e ao entrar en contacto coas paredes da escavación, perdería o recubrimento de formigón dos laterais da mesma, así como a súa misión estrutural.
Antes de formigonar, colócanse uns encofrados laterais ou xuntas, entre o panel escavado e o panel que se escavará despois, para evitar que se produzan problemas á hora de escavar os paneis contiguos. De non colocarse, habería irregularidades entre os paneis, que darían lugar a filtracións que poderían resultar antiestéticas, ou incluso perigosas, e non estaría garantida a continuidade horizontal do muro.
Estas xuntas poden ser láminas metálicas ou tubos de formigón prefabricado ou metálicos.
Ás veces disponse lonxitudinalmente, e a través da xunta, un elemento de goma de entre 30 e 40 centímetros de anchura. Cando fragua o formigón, retírase a xunta e ao executar o novo panel, o elemento de goma evita que poidan producirse filtracións na unión entre ambos paneis.
O método para o formigonado consiste en verter o formigón desde a parte inferior do panel por medio dun tubo somerxido cun funil na parte superior. Xeralmente o tubo ten un diámetro entre 150 e 250 mm e está formado por tramos ensamblables de lonxitudes de 1 a 4 m. Ao formigonar, a gabia está chea de lodo bentonítico.
Para evitar que o formigón se contamine ao mesturarse coa lama, é necesario que se formigone cun tubo capaz de alcanzar a parte inferior. Como a densidade do formigón é superior á dos lodos bentoníticos, ficará por debaixo do lodo, e este irase extraendo na superficie.
É unha operación delicada, pois o formigón debe posuír un certo grao de endurecemento, mais ao mesmo tempo non pode estar demasiado endurecido. En xeral, adóitanse extraer entre as dúas e catro horas despois do inicio do formigonado.
Unha vez realizados todos os paneis, faise unha viga de arriostamento. Consiste nunha viga de formigón, que une a parte superior de todos os paneis, que se constrúe despois de descabezalos.
A viga de coroación ten dúas misións:
Unha vez realizadas todas as operacións previas, pode procederse á escavación do recinto (xeralmente interior) do muro pantalla.
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Muro pantalla |