Nome orixinal | (ar) موسى الحاج |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 19 de febreiro de 1954 (70 anos) |
Administrador apostólico | |
27 de xaneiro de 2014 – 5 de agosto de 2014 Diocese: Melkite Greek Catholic Archeparchy of Akka (en) | |
Arcebispo católico | |
28 de xullo de 2012 – ← Bulus Nabil al-Saya | |
Datos persoais | |
Relixión | Igrexa católica e Igrexa católica maronita |
Educación | Pontificia Universidade de San Tomé de Aquino Pontificio Instituto Oriental |
Actividade | |
Ocupación | bispo católico (2012–), sacerdote católico (1980–), arcebispo |
Orde relixiosa | Orde Antoniana Maronita |
Consagración | Bixara Pedro al-Rai |
Musa al-Hax[1][2] (en árabe: موسى الحاج), nado o 19 de febreiro de 1954 en Aintura (Líbano),[3] é un eclesiástico católico maronita, actualmente arcebispo de Haifa e Terra Santa e exarca patriarcal de Xerusalén e Palestina e de Xordania.
Al-Hax uniuse á orde relixiosa dos antonianos maronitas en 1972, facendo os votos perpetuos en 1979 e recibindo o 14 de agosto de 1980 a orde sacerdotal.[3]
Estudou Filosofía e Teoloxía na Pontificia Universidade de San Tomé de Aquino e Teoloxía Bíblica no Studium Biblicum Franciscanum (parte da Pontificia Universidade Antoniana), e doutorouse en Estudos Orientais e Liturxia polo Pontificio Instituto Oriental.[3] Ademais do árabe, fala inglés, francés e italiano; e coñece as linguas siríaca, grega, hebrea e aramea.
Logo de ser ordenado sacerdote, recibiu varios encargos pastorais na misión de Marxaiun do sur do Líbano (até 1985), e foi reitor do seminario de Santo Antonio de Padua de Karmsadi. Posteriormente desempeñou varios cargos na súa orde, así como na Universidade Antoniana. De volta ao Líbano, foi abade dos conventos de San Serxio e San Baco en Ihdin e Sarurta.[3]
O 16 de xuño de 2012 o papa Bieito XVI confirmou o seu nomeamento como exarca patriarcal de Xerusalén e Palestina e Xordania, así como arcebispo de Haifa e Terra Santa.[3] Foi consagrado bispo o 28 de xullo do mesmo ano, co patriarca de Antioquía Bixara Pedro al-Rai como principal consagrante.
O 27 de xaneiro de 2014 o papa Francisco nomeouno administrador apostólico da arquieparquía de Acre dos Greco-Melquitas logo da renuncia do seu titular Ilias Xaqur.[4]
É membro das Comisións Bíblica (dende 1993) e Litúrxica (dende 2011) do Patriarcado Maronita.
Dignidades da Igrexa católica | ||
---|---|---|
Predecesor: Bulus Nabil al-Saya |
Arcebispo de Haifa e Terra Santa dende 2012 |
Sucesor: (no cargo) |
Predecesor: Bulus Nabil al-Saya |
Exarca patriarcal de Xerusalén e Palestina dende 2012 |
Sucesor: (no cargo) |
Predecesor: Bulus Nabil al-Saya |
Exarca patriarcal de Xordania dende 2012 |
Sucesor: (no cargo) |