Unha mutase é un encima da clase das isomerases que catliza o movemento dun grupo funcional dunha posición a outra dentro da mesma molécula.[1] Noutras palabras, as mutases catalizan transferencias intramoleculares de grupos químicos. Exemplos de mutases son a bisfosfoglicerato mutase, que se encontra dentro dos glóbulos vermellos do sangue e a fosfoglicerato mutase, que é un encima integral da glicólise. Na glicólise este encima cambia o 3-fosfoglicerato a 2-fosfoglicerato ao mover un só grupo fosfato dentro da mesma molécula.
![]() |
Este artigo sobre bioloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |