Myosotis nemorosa | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
![]() | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||
''Myosotis nemorosa'' Besser |
Myosotis nemorosa (sin. Myosotis strigulosa) é unha planta herbácea anual do xénero Myosotis e da familia Boraginaceae.[1]
É semellante a Myosotis scorpioides L. pero o talo é anguloso e está provisto de pelos curvados cara a abaixo na súa parte inferior, as follas inferiores ás veces están provistas deles tamén na súa parte inferior, as flores son máis pequenas (a corola, azul pálida, ás veces rosa é de 4 a 6 mm de diámetro). Floración de maio a xullo.
Centro e sur de Europa.[2]
Prados e bosques húmidos, lugares pantanosos, beiras de lagoas, regatos, gabias.
Myosotis: nome xenérico que deriva do grego: mys, myos, que significa "ratonciño" e otos, que significa "orella", aludindo á forma da folla nalgunhas das especies do xénero.[3]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Myosotis nemorosa ![]() |