Músculo elevador da escápula | |
---|---|
Músculos que unen a extremidade superior á columna vertebral. O elevador da escápula é visíbel na parte superior dereita, no colo. | |
Músculos do pescozo. O elevador da escápula é visíbel no centro, na esquerda. | |
Latín | Musculus levator scapulae |
Gray's | subject #121 435 |
Orixe | Apófises transversas de C1-C4 |
Inserción | Ángulo superior da escápula |
Vascularización | C |
Innervación | C3-C4 e nervio dorsal da escápula (C5) |
Accións | Eleva a escápula e inclina a cavidade glenoide inferiormente |
O músculo elevador da escápula[1] ou angular da omoplata é un músculo do membro superior humano, pertencente á rexión do ombreiro. Orixínase nas apófises transversas das vértebras cervicais primeira e segunda e nos tubérculos posteriores das apófises transversas das vértebras C3 e C4.
Insírese na superficie posterior do bordo medial da escápula, dende o ángulo superior ata a espiña da escápula.
O elevador da escápula eleva a este mesmo óso. Non ten outras funcións de interese.
O músculo está innervado polo nervio dorsal da escápula e polos nervios espiñais de C3 e C4 directamente.