A bandeira de Adiguesia, un dos símbolos do nacionalismo circasiano. O verde representa os bosques e a vexetación do Cáucaso e o islam. As doce estrelas simbolizan as tribos de Circasia. As frechas simbolizan a paz. As cores douradas das frechas e estrelas representan un futuro brillante e a abundante colleita de grans e trigo. Esta bandeira usouse como bandeira de Circasia e no presente é utilizada por Adiguesia, unha rexión de Rusia.
Este artigo amosa letras cirílicas. Sen o soporte axeitado, o texto pode mostrar símbolos sen sentido, coma caixas, marcas e outros.
O nacionalismo circasiano[1] (en adigueo: Адыгэ лъэпкъыпсэ, Адыгэ нацианализм; Adıgə tləpqıpsə, Adıgə natsianalizm) é un movemento político entre os circasianos en todo o mundo por preservar a súa cultura,[2][3] salvar as súas linguas da extinción,[1][4] conseguir o recoñecemento internacional do xenocidio circasiano,[5][6][7] regresar ao seu fogar, Circasia,[8][9][10][11] e estabelecer un estado circasiano unificado totalmente independente ou altamente autónomo e restaurar as súas fronteiras anteriores á invasión rusa total ou parcialmente.[10][11][12]
↑Paul Golbe. Window on Eurasia: Circassians Caught Between Two Globalizing "Mill Stones", Russian Commentator Says. On Windows on Eurasia, xaneiro de 2013.
↑Авраам Шмулевич. Хабзэ против Ислама. Промежуточный манифест.
Nota: As formas de nacionalismo baseado principalmente no grupo étnico están recollidos enriba. Isto non implica que tódolos nacionalistas do grupo étnico subscriban esa forma de nacionalismo étnico.