O nacionalismo exipcio é un movemento político nacionalista que defende os intereses dos exipcios e defenden a unidade da súa cultura.[1] O nacionalismo exipcio foi normalmente un nacionalismo cívico que enfatizou a lealdade a Exipto e a unidade dos exipcios independentemente da súa etnia ou relixión. O nacionalismo exipcio manifestouse por primeira vez no faraonismo a partir do século XIX, que identificou a Exipto como unha unidade política única e independente no mundo dende a era dos faraóns no Antigo Exipto. Está en contra do arabismo, que chegou a Exipto co rei exipcio Farouk en 1945, e máis tarde foi fortemente promovido polo presidente exipcio Gamal Abdel Nasser.
Lin Noueihed, Alex Warren. The Battle for the Arab Spring: Revolution, Counter-Revolution and the Making of a New Era. Yale University Press, 2012.
Parkinson, Brian (2008). "Tutankhamen on Trial: Egyptian Nationalism and the Court Case for the Pharaoh's Artifacts". The Journal of the American Research Center in Egypt44: 1–8.
Nota: As formas de nacionalismo baseado principalmente no grupo étnico están recollidos enriba. Isto non implica que tódolos nacionalistas do grupo étnico subscriban esa forma de nacionalismo étnico.