Nacionalismo húngaro

Bandeira de Hungría.

O nacionalismo húngaro é unha noción ideolóxica que promove a unidade dos húngaros e dos falantes da lingua húngara nun estado nación unificado. Desenvolveuse a comezos do século XIX ao longo das liñas clásicas de interese académico que levaron ao nacionalismo político e á participación masiva.[1][2] Dende a primeira guerra mundial, o nacionalismo húngaro evolucionou a posicións irredentistas, principalmente coa aspiración de recuperar os territorios perdidos no Tratado de Trianon.

As súas orixes encóntranse a comezos do século XIX, en parte como un rexeitamento ao poder absoluto da dinastía dos Habsburgo que dominaba o Reino de Hungría dentro do Imperio Austríaco. Dende a batalla de Mohács en 1527, o país quedou baixo control, primeiro dos otománs e logo dos austríacos. Durante as revolucións de 1848, ese ano estourou en Hungría un levantamento popular que acabou desembocando nunha guerra de independencia contra os Habsburgo. Aínda que a revolución húngara de 1848 acabou fracasando nos seus obxectivos e foi vítima dunha sanguenta represión, o sentimento nacionalista quedou fortemente impregnado.

O movemento nacionalista en Hungría durante o século XIX estivo fortemente influenciado polo chamado "nacionalismo musical", salientando os compositores Béla Bartók e Zoltán Kodály coas súas obras sobre o folclore húngaro tradicional. Tamén se manifestou na renacida literatura maxiar que se desenvolveu co romanticismo. Na procura de símbolos nacionais, salientouse a figura do rei medieval Estevo I. Os nacionalistas húngaros tamén entraron en contacto co turanismo, corrente que defendía a conexión dos maxiares cos pobos turcos de Asia Central. O turanismo húngaro acabou sinalando que os maxiares semi-nómades[3] procedían das estepas e que a súa cultura era semellante á dos pobos esteparios, mais esta teoría non estivo nunca cientificamente avalada e non tardou en converterse nun arcaísmo.[4] Porén, estas propostas continuaron a ter acollida nos círculos nacionalistas.

  1. Hoolihan, Mark James (2007). Mark James Hoolihan, p. 17, 2007. ISBN 9780549238607. 
  2. Colquhoun, A. R., & Colquhoun, E. M. C. (1914). The whirlpool of Europe, Austria-Hungary and the Habsburgs. Nova York: Dodd, Mead.
  3. György Györffy (1983); István király és műve‬. Gondolat Könyvkiadó, Budapest, páx. 252
  4. T. Masuza (2005); ‪The Invention of World Religions, Or, How European Universalism was Preserved in the Language of Pluralism‬. The University of Chicago Press, páx. 229

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Maxwell, Alexander (2005). "Multiple Nationalism: National Concepts in Nineteenth-Century Hungary and Benedict Anderson's "Imagined Communities". Nationalism and Ethnic Politics. Nationalism and Ethnic Politics, Volume 11, Issue 3 11 (3): 385–414. doi:10.1080/13537110500255619.