Nacionalismo moldovo

Bandeira de Moldova.

O nacionalismo moldovo[1] ou moldovenismo é un movemento político nacionalista que defende e promociona a identidade moldova. Algúns dos seus defensores adscriben a súa identidade ao Principado de Moldova medieval. Outros, para explicar as diferenzas actuais entre os habitantes romanófonos das dúas ribeiras do río Prut, adscríbeno á duradeira incorporación de Besarabia no Imperio Ruso e na Unión Soviética. Os seus detractores, pola contra, afirman que os moldovos e os romaneses son un único grupo étnico e que a identidade moldova foi creada artificialmente pola Unión Soviética.

Os partidarios da identidade moldova sosteñen que o pobo de Moldova se autoidentificou historicamente como "moldovo" antes de que a noción de "romanés" se xeneralizase. A crenza de que romaneses e moldovos de Besarabia e a RSA de Moldova (MASSR) formaban dous grupos etnonacionais separados, falando linguas diferentes e posuíndo trazos históricos e culturais separados, tamén foi avalada pola Unión Soviética.[2]

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para moldovo.
  2. Charles King, "The Moldovans: Romania, Russia, and the Politics of Culture", Hoover Press, 2000, páx. 62

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]