![]() (2014) ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 2 de xullo de 1979 ![]() Nador, Marrocos (pt) ![]() ![]() |
Grupo étnico | Afro-Catalan (en) ![]() ![]() |
Educación | Universidade de Barcelona - Literatura árabe ![]() |
Actividade | |
Campo de traballo | Ensaio, novela, belas letras e actividade literaria ![]() |
Ocupación | novelista, escritora ![]() |
Participou en | |
17 de outubro de 2012 | Q64755659 ![]() ![]() |
Premios | |
Sitio web | najatelhachmi.com ![]() |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Najat el Hachmi, nada en Nador (Marrocos) o 2 de xullo de 1979, é unha escritora española de orixe marroquí e colaboradora en diversos medios de comunicación.
Naceu na cidade marroquí de Nador e ao oito anos trasladouse a Vic onde residía o seu pai, que emigrou a Cataluña antes de que ela nacese. En Vic creceu e realizou a súa formación académica até chegar á Universidade de Barcelona onde estudou filoloxía árabe.[1]
Tamén tivo diversas ocupacións: empregada da limpeza, cociñeira, monitora de deportes e mediadora da Delegación de Ensino de Vic onde traballaba cando presentou en 2004 o seu primeiro libro: Eu tamén son catalá[2]. Escrito en catalán e posteriormente traducido ao castelán, trátase dun texto autobiográfrico no que abordou en profundidade a súa experiencia como inmigrante, a cuestión da identidade e o seu proceso de arraigamento en Cataluña, a lingua, a relixión, as mulleres, o sentimento de perda cara a Marrocos e a súa relación co país de adopción.
O éxito chegoulle en 2008 con El último patriarca que recibiu o Premio Ramon Llull, o Prix Ulysse á primeira novela 2009 e foi finalista do Prix Méditerranée Étranger 2009. No libro a autora axusta contas co machismo e a violencia dos xefes de familia ancorados no conservadorismo e a tradición por encima de todo, en contraposición coa historia da súa filla, moza que busca a liberdade desprendéndose dun legado social que non elixiu.[3] O libro foi traducido a numerosas linguas, entre elas o inglés, francés, italiano, portugués, turco, romanés e árabe.[4]
En outubro de 2012 asinou, xunto cun centenar de profesionais, un manifesto a favor do federalismo en Cataluña e en 2015 apoiou á confluencia de esquerdas Catalunya Sí que es Pot.[5][6]
En 2015 publicou La hija extranjera coa que logrou o Premio Sant Joan de novela, o terceiro galardón literario mellor dotado en catalán e cuxo argumento se centra no conflito de identidades entre unha nai e unha filla.[7]
En 2021 gañou o premio Nadal, coa novela El lunes nos querrán.[8][9]