Namitha

Modelo:BiografíaNamitha

(2007) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento10 de maio de 1981 Editar o valor en Wikidata (43 anos)
Surat, India Editar o valor en Wikidata
Cor dos ollosNegro Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónactriz, modelo Editar o valor en Wikidata
Período de actividade2001 Editar o valor en Wikidata -

IMDB: nm1532511 Allmovie: p655132
Facebook: NamithaOffl Twitter: inamitha Instagram: namita.official Editar o valor en Wikidata

Namitha Vankawala, nada en Surat o 10 de maio de 1981, é unha modelo, actriz e política india, activa na industria cinematográfica do sur da India.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Naceu nunha familia guxarati tradicional, seu pai dedicábase ao téxtil[1]. Comezou competindo en concursos de beleza, foi Miss Surat en 1996, á idade de 15 anos e participou en Miss India en 2001 onde quedou cuarta, e o título foi para Celina Jaitley. Non obstante, a publicidade que logrou pola súa participación fixo que se aveciñara en Mumbai como modelo para anuncios de televisión, e intentou entrar na industria cinematográfica hindi de Bollywood.

2002-2008

[editar | editar a fonte]

Logo de oito meses en Mumbai participou nunha audición para un filme telugú de Tollywood e debutou no cinema en 2002 na comedia romántica Sontham de Sreenu Vaitla e xa na súa segunda película actuou nun papel protagonista, foi un filme que dirixiu o támil Saran, unha versión en telugú, Gemeni, do seu grande éxito en támil Gemini, un filme de acción que se converteu no de maior recadación de 2020 no cinema támil[2]. A versión telugú non acadou o éxito do orixinal e pasou case desapercibida, mais a actuación de Namitha, que utilizaba nesa época o nome artístico de Bhairavi[1] concitou o eloxio da crítica.

A partir de 2004 comezou a facer películas para a industria cinematográfica támil e fíxose popular rapidamente. Entre 2004 e 2005 protagonizou tres filmes de acción comerciais Aai (2004) e Chanakya (2005) con R. Sarahkumar e Aanai (2005) con Arjun, no entanto, apareceu regularmente en comedias como Engal Anna (2004) de Siddique e protagonizou cinco das comedias de Sakthi Chidambaram entre 2004 e 2008. En 2006 deubutou nun filme hindi Love Ke Chakkar Mein, e noutro en inglés, Maya, que se estreou en 2008 como Kamasutra Nights[3]. En 2007 traballou con dous dos actores novos máis prometedores do cine támil, con Vijay fíxoo no musical de A. R. RahmanAzhagiya Tamil Magan (2007) e con Ajith Kumar no filme de gánsteres Billa (2007) de Vishnuvardhan.

Contra mediados da primeira década do século XX convertérase nunha integrante habitual das seccións de sociedade da prensa támil e con fans que seguían os seus glamurosos papeis[4].

Namitha nunha sesión de fotos

Así e todo, xa antes de entrar a década de 2010 a súa popularidade comezou a declinar logo de fallaren varias das súas películas en atraer a atención, e ademais a industria cinematográfica do sur da India demandaba outro tipos de papeis femininos, lonxe dos papeis glamurosos típicos de Namitha. Os directores tampouco estaban por emparellala con actores novos nos seus filmes, e a antiga xeración ía desaparecendo dos papeis principais[5]. E paseniñamente, Namitha pasou a pequenos papeis e aparicións especiais, mentres que Jaganmohini, un filme de terror que protagonizou en 2009 e que contaba cun grande orzamento, foi un fracaso de recadación[6]. Para alén, as súas disputas disputas cos realizadores non axudaban, como co director de Azhagana Ponnuthan (2010) que a criticou pola súa falta de cooperación na película[7]. A partir de 2010 realizou menos filmes en támil, e máis en telugú, malayalam e kanarés e varias dos seus filmes viron como se atrasaba a súa produción, como no támil, Ilamai Oonjal (2016). Mesmo en 2014 e 2015 apenas traballou e non houbo estrea ningunha dos seus filmes porén en 2016 voleu traballar arreo, e salientou na súa aparición no filme malayalam Pulimurugan (2016) con Mohanlal, que se converteu no filme coa meirande recadación do cinema malayalam[8] ata que o superou en 2019 o filme Lucifer de Prithviraj Sukumaran[9].

Política

[editar | editar a fonte]

En 2019, canda o actor Radha Ravi, uniuse ao Partido Bharatiya Janata en presenza do seu presidente J. P. Nadda en Chennai.[10]e aos oito meses, en xullo de 2020, entrou a formar parte da executiva do partido no estado de Tamil Nadu[11].

Filmografía

[editar | editar a fonte]
Ano Título Papel(s) Lingua(s) Notas Ref.
2002 Sontham Nandu Telugu Debut telugu [12]
Gemini Manisha Natwarlal
2003 Oka Raju Oka Rani Preethi
Oka Radha Iddaru Krishnula Pelli Sasirekha
2004 Engal Anna Gowri Támil Debut támil
Aithe Enti Anjali Sharma Telugu
Maha Nadigan Aishwarya Támil
2005 Aai Anjali Támil
Englishkaran Maheshwari
Nayakudu Telugu
Chanakya Deivanayaki Támil
Bambara Kannaley Mynaa
Aanai Ramya
2006 Kovai Brothers Sania
Love Ke Chakkar Mein Neha V. Batra Hindi Debut hindi
Pachchak Kuthira Poovu Támil
Thagapansamy Swapna
Nee Venunda Chellam Anjali
Neelakanta Ganga Kanarés Debut kanarés
2007 Viyabari Namitha Támil
Naan Avanillai Monika Prasad
Azhagiya Tamil Magan Dhanalakshmi
Billa C. J.
2008 Sandai Seemakal Chinnakilli
Kamasutra Nights Aunt Maya inglés Debut en lingua inglesa
Pandi Salangai Támil
Indra Kanarés
2009 Perumal Saroja Támil
Thee Ruchi Devi
1977 Chandini
Billa Lisa Telugu
Indira Vizha Kamini Támil
Jaganmohini Jaganmohini
2010 Black Stallion Laura Fernandez Malayalam Debut malayalam
Azhagaana Ponnuthan Jennifer Támil
Guru Sishyan Anitha Cameo
Simha Mahima Telugu
Hoo Anju Kanarés
2011 Ilaignan Sena Támil
Namitha I Love You Sunanda Telugu
2013 Benki Birugali Mona Kanarés
2016 Ilamai Oonjal Durga Támil
Pulimurugan Julie Malayalam
2019 Pottu Bhrameshwari Tamil
Miya Miya Támil Adiada
  1. 1,0 1,1 Telugu Cinema Etc. Idlebrain, 16 de setembro de 2002
  2. Sudhish Kamath (11 de outubro de 2003). "Kollywood crackers". The Hindu. Arquivado dende o orixinal o 07 de xuño de 2014. Consultado o 10 de setembro de 2020. 
  3. "Namitah Stars in English Movie". The Hindu. 14 de agosto de 2006. 
  4. "Namitha the omnipotent and the omnipresent". behindwoods.com. 
  5. Why Namitha won't act in Tamil films? | Movie News . Times of India, 20 de maio de 2011
  6. Review: Jaganmohini is a half-baked remake. Rediff.com, 19 de outubro de 2009
  7. "Namitha's behavior". Behindwoods.com, 17 de marzo de 2010
  8. "5 unbelievable records Mohanlal's Pulimurugan has created". Asianet Newsable. 31 de marzo de 2018. 
  9. "Mohanlal’s Lucifer storms into Rs 200 crore club, first for Malayalam cinema". Hindustan Times. 4 de xuño de 2019. 
  10. "Actor Radha Ravi, Namitha join BJP in JP Nadda’s presence". The Times of India. 30 de novembro de 2019. 
  11. "Tamil Nadu: Actor Namitha appointed as BJP state executive member". The Times of India. 4 de xullo de 2020. 
  12. "Sontham". Idlebrain.com.