Narcissus cyclamineus | |||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
![]() | |||||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||
![]() distribución natural
|
Narcissus cyclamineus é unha especie de planta bulbosa da familia Amaryllidaceae, única especie da sección Clycamenei. De xeito natural, atópase distribuída exclusivamente na franxa atlántica de Galiza e norte de Portugal.
Presenta flores pequenas de cor amarela, cos pétalos revirados, e que medran a primeiros da primavera. A principal característica definitoria destas flores é a súa infrecuente trompeta central longa e estreita, mentres que a sección exterior está dobrada sobre si mesma, creando así unha semellanza cos ciclames.
Narcissus cyclamineus foi descrita polo briólogo, botánico, micólogo, pteridólogo suízo, Augustin Pyrame de Candolle e publicado en Les Liliacees...a Paris 8: sub t. 486, no ano 1815.[1]
Número de cromosomas de Narcissus cyclamineus (Fam. Amaryllidaceae) e táxones infraespecíficos: 2n=14, 14+O-1B[2]
Narcissus nome xenérico que fai referencia ao mozo narcisista da mitoloxía grega Νάρκισσος (Narkissos) fillo do deus río Cephissus e da ninfa Leiriope; que se distinguía pola súa beleza.
O nome deriva da verba grega: ναρκὰο, narkào (= narcótico) e refírese ao cheiro penetrante e embriagante das flores dalgunhas especies (algúns sosteñen que a palabra deriva da verba persiana نرگس e que se pronuncia Nargis, que indica que esta planta é embriagadora).
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Narcissus cyclamineus ![]() |
![]() |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Narcissus cyclamineus |