Narcissus triandrus | |||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
![]() Narcissus triandrus subsp. lusitanicus | |||||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||||||
'Narcissus triandrus' L. | |||||||||||||||||||||||
![]() distribución natural
| |||||||||||||||||||||||
Subespecies | |||||||||||||||||||||||
|
Narcissus triandrus é unha planta bulbosa da familia das amarilidáceas e o único membro do xénero Narcissus na sección Ganymedes.
Especie moi característica dentro do xénero Narcissus, con flores en grupos de 1-8, péndulas, de cor branca, amarela pálido ou amarela intenso; o tubo do perigonio é longo e tubular, a coroa con forma de copa máis ou menos alargada e os tépalos reflexos e retortos. Estames inferiores incluídos no tubo, os superiores saíntes. Follas de 1-8 mm de anchura, coa face acanalada e o envés estriado. Florece na primavera.[1]
Brezais, bosques e zonas rochosas. En espazos solleiros entre repisas de pedregais, carrascais, e berrocais.[2]
Península ibérica, Francia (Archipel das Glénan).
Narcissus triandrus foi descrita por Carl von Linné e publicada en Species Plantarum ed. 2 416 1762.[3]
Número de cromosomas de Narcissus tazetta (Fam. Amaryllidaceae) e taxóns infraespecíficos: n=5 2n=10. 2n=20,21,30,31. 2n=22.[4][5][6]
Narcissus nome xenérico que fai referencia do mozo narcisista da mitoloxía grega Νάρκισσος (Narkissos) fillo do deus río Cephissus e da ninfa Leiriope; que se distinguía pola súa beleza.
O nome deriva da palabra grega: ναρκὰο, narkào (= narcótico) e refírese ao cheiro penetrante e embriagante das flores dalgunhas especies (algúns sosteñen que a palabra deriva da palabra persa نرگس e que se pronuncia Nargis, que indica que esta planta é embriagadora).
triandrus: epíteto latino que significa "con tres estames".[7]
|
|
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Narcissus triandrus ![]() |
![]() |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Narcissus triandrus |