Nome orixinal | (en) Nathaniel Brown Palmer |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 8 de agosto de 1799 Stonington, Estados Unidos de América (pt) |
Morte | 21 de xuño de 1877 (77 anos) San Francisco, Estados Unidos de América |
Lugar de sepultura | Stonington (pt) |
Actividade | |
Ocupación | explorador, oficial da armada, enxeñeiro |
Familia | |
Pais | Nathaniel Palmer, III e Mercy Palmer |
Nathaniel Brown Palmer, nado en 1799 en Stonington, Connecticut, e finado na mesma cidade en 1877 foi un mariñeiro baleeiro estadounidense, considerado o co-descubridor da Antártida.
Embárcase coma mariñeiro moi novo, acadando o rango de patrón con 19 anos e ampliando as rutas de caza de baleas máis ao sur, na busca de novas colonias de focas.
O 17 de novembro de 1820 descobre terras que non aparecían no mapa, terras que resultarían ser a Antártida, porén por esas mesmas datas tamén navegaban pola zona outros dous barcos, un da Armada Imperial Rusa comandada por Fabian Gottlieb von Bellingshausen e outro da Royal Navy Británica ao mando de Edward Bransfield, polo que aos tres se lle recoñeceu o título de co-descubridores do continente.
Na honra do navegante na actualidade reciben o seu o nome a terra que el avistou, Península Palmer, o arquipélago Palmer, unha estación científica estadounidense situada no dito arquipélago (Estación Palmer) e un quebraxeos estadounidense (RV Nathaniel B. Palmer).
Un relato do avistamento da Antártida, por Nathaniel Palmer (en inglés)
Este artigo sobre unha personalidade é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |