National Geographic People, antes coñecido como National Geographic Adventure, é unha canle de pago que forma parte da National Geographic Channels International. Diríxese a unha audiencia nova baseando a súa programación na exploración, nas viaxes e historias de xente que desenvolve esas actividades. Emite para Asia, África e Oceanía, tamén existen versións para Italia e Francia. Ata o 1 de maio de 2007 cando se denominaba Adventure One tamén se vía no Reino Unido e Irlanda pero nesa data substituíuse por Nat Geo Wild.
Este artigo sobre televisión é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |