Biografía | |
---|---|
Nacemento | (fr) Elias Edelby 10 de novembro de 1920 Alepo, Siria |
Morte | 10 de xuño de 1995 (74 anos) |
Arcebispo católico | |
6 de marzo de 1968 – ← Athanasios Toutoungi (en) – Jean-Clément Jeanbart (pt) → Diocese: Melkite Catholic Archeparchy of Aleppo (en) | |
Bispo auxiliar | |
24 de decembro de 1961 – Diocese: Melkite Catholic Patriarchate of Antakya (en) | |
Arcebispo titular | |
24 de decembro de 1961 – Diocese: Edessa in Osrhoëne dei Greco-Melkiti (en) | |
Datos persoais | |
Relixión | Igrexa católica |
Actividade | |
Ocupación | bispo católico (1962–), sacerdote católico (1944–), Arcebispo |
Orde relixiosa | Orde Basiliana Alepina |
Consagración | Máximos IV Sayegh (pt) |
Naufitos Idilbi,[1] B.A. (en árabe: ناوفيطوس إدلبي), nado en Alepo o 10 de novembro de 1920 e finado o 10 de xuño de 1995, foi un relixioso católico greco-melquita sirio, arcebispo de Alepo dende 1968 até o seu pasamento.
Naceu o 10 de novembro de 1920 en Alepo[2] (entón parte do Estado de Alepo baixo dominio francés, na presente Siria). O 20 de xullo de 1944 foi ordenado sacerdote da Orde Basiliana Alepina.[2]
O 5 de decembro de 1961 foi elixido bispo auxiliar do patriarcado greco-melquita de Antioquía, e o 24 de decembro foi nomeado arcebispo titular de Edesa en Osroena.[2] Recibiu a consagración espiscopal en Beirut o 25 de febreiro de 1962 polo patriarca Máximo IV, e tivo como co-consagrantes principais ao bispo de Balbik Yusif Maluf e ao arcebispo de Beirut e Biblos Filib Naba.[2] Como bispo auxiliar do patriarcado foi pai conciliar en todas as sesións do Concilio Vaticano Segundo entre 1962 e 1965, destacando especialmente nos debates para a elaboración da constitución Dei Verbum remarcando o papel do Espírito Santo na Revelación cristiá e nas Escrituras.[3][4][5][6]
O 6 de marzo de 1968 foi nomeado arcebispo de Alepo.[2] Permaneceu no cargo até o seu pasamento o 10 de xuño de 1995.[7]
Néophytos Edelby, B.A., n. in Alep 10 nov. 1920; ord. 20 lu. 1944; el, alla Ch. tit. Arciv. di Edessa di Osroene dei Greci Melkiti Cattolici 5 dic. 1961; conf. 24 dic. 1961; cons. 25 febb. 1962; tr. 6 mar. 1968.
Son Excellence Mgr Néophytos Edelby, métropolite grec-melkite catholique d'Alep est décédé subitement le 10 juin 1995.