Navantia | |
---|---|
Tecnología para el mar a la medida del cliente | |
Tipo | Sociedade Anónima |
Fundación | 2005 |
Matriz | SEPI |
Localización | Madrid, España |
Fundador | Ministerio de Industria |
Persoas clave | Susana Sarriá (directora) |
Industria | Naval, enxeñería |
Produtos | Buques, Submarinos, motores, turbinas |
Número de empregados | 5.500 (2012) |
Na rede | |
https://www.navantia.es/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Navantia é unha sociedade pública de construción naval militar creada en 2005 como resultado da segregación da rama militar da antiga Izar.
As orixes da empresa están en 1730 coa creación dos arsenais para a Armada Española en Ferrol, Cartagena e La Carraca. En 1908 creouse a Sociedad Española de Construcción Naval (La Naval). Rematada a Guerra Civil foron nacionalizados e en 1947 baixo o nome de Bazán e xunto co INI en AESA (Astilleros Españoles Sociedad Anónima). No ano 2000 créase Izar e no 2005 trocan o nome por Navantia.
En Galicia, os seus dous únicos estaleiros e centros de actividade localízanse na comarca de Ferrolterra. As plantas, asentadas en Ferrol e Fene, correspóndense respectivamente coas antigas Empresa Nacional Bazán-Ferrol e Astano, agora unidas baixo un mesmo organigrama directivo. Na baía de Cádiz están, Puerto Real e San Fernando. En Murcia os de Cartagena.
Navantia ademais de traballar para a Armada Española fai construcións para outros países, xeralmente despois de ter que participar e gañar en concursos internacionais.