Nazareno Cruz y el lobo | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Nazareno Cruz y el lobo |
Director | Leonardo Favio |
Produtor | Leonardo Favio |
Guión | Leonardo Favio Jorge Zuhair Jury |
Baseado en | Programa de radio de Juan Carlos Chiappe |
Intérpretes | Juan José Camero Marina Magali Alfredo Alcón Lautaro Murúa |
Música | Juan José García Caffi |
Fotografía | Juan José Stagnaro |
Montaxe | Cristián Kaulen Antonio Ripoll |
Estudio | Choila Producciones Cinematográficas |
Distribuidora | Producciones del Plata S.A. |
Estrea | 1975 |
Duración | 92 minutos |
Orixe | Arxentina |
Xénero | Fantasía |
Na rede | |
Nazareno Cruz y el lobo é un filme arxentino de 1975 dirixido por Leonardo Favio e protagonizado por Juan José Camero e Alfredo Alcón. Baséase no mito guaraní do lobisón, e converteuse nun filme clásico. É coñecido por ser o filme arxentino máis exitoso de tódolos tempos. Con 3,4 millóns de espectadores, mantén o récord por diante de El secreto de sus ojos.[1][2]
Foi escollido como candidato da Arxentina para o Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa na 48ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado.[3] Tamén participou na 9ª edición do Festival Internacional de Cinema de Moscova.[4]