Biografía | |
---|---|
Nacemento | 31 de xullo de 1920 Cimbabue |
Morte | 12 de decembro de 2000 (80 anos) Filadelfia, Estados Unidos de América |
Member of the National Assembly of Zimbabwe (en) | |
Datos persoais | |
Relixión | Metodismo |
Educación | Achimota School (en) Andover Newton Theological School (en) |
Actividade | |
Ocupación | político, pastor |
Partido político | União Nacional Africana do Zimbábue (pt) União do Povo Africano do Zimbábue (pt) |
Outro | |
Condenado por | traizón |
Descrito pola fonte | Africa: An Encyclopedic Reference (en) , (vol:2) |
Ndabaningi Sithole, nado en Nyamandhovu o 31 de xullo de 1920 e finado en Filadelfia o 12 de decembro de 2000, foi un escritor, pastor congregacionalista e político cimbaués, foi un dos fundadores o 1 de xullo de 1963 da Unión Nacional Africana de Cimbaue(ZANU), organización que se opuxo ao goberno de Rodesia[1] e pasou en prisión dez anos tras o goberno prohibir o ZANU.
Educouse en misións cristiáns e grazas a unha bolsa estudou maxisterio no Waddilove Training Institute (1939-1941) e traballou como profesor en escolas e institutos de Rodesia. En 1948 realizou estudos bíblicos na Tegwani Training Institution, converténdose en predicador metodista, primeiro da Igrexa Metodista de Gran Bretaña e a partir de 1950 da Igrexa Metodista Unida e profesor na Misión Americana Metodista, que o enviou aos Estados Unidos para estudar teoloxía entre 1955 e 1958[2] en Newton Theological College e ordenouse ministro da Igrexa Unida de Cristo[3] á súa volta a Rodesia en 1958 [4] . A publicación do seu libro African Nationalism e a súa prohibición inmediata polo goberno de minoría branca motivou a súa entrada na política, primeiro na organización de Joshua Nkomo, o Partido Demócrata Nacional.
Fundou a Unión Nacional Africana de Cimbabue en agosto de 1963 canda Herbert Chitepo, Robert Mugabe e Edgar Tekere. O congreso do partido que se celebrou en Gwelo en 1964 elixiu a Sithole como o seu presidente e a Robert Mugabe o seu secretario xeral. Ao pouco o goberno de Ian Smith prohibiu o ZANU e logo do seu arresto o 22 de xuño de 1964, Sithole pasou dez anos en prisión xunto con Mugabe, Tekere, Nyagumbo e Takawira polas súas actividades políticas.[5] Mentres estivo na cadea autorizou especificamente a Chitepo para continuar a loita no estranxeiro como representante da ZANU. A condena de Sithole foi por tramar o asasinato de Ian Smith e saíu do cárcere en 1974 e marchou ao exilio en Tanzania.
O 18 de marzo de 1975 asasinaron a Chitepo en Lusaca cun coche bomba. En Mozambique, Mugabe asumiu unilateralmente o control do ZANU. A finais dese ano procuciuse unha escisión no ZANU, unha facción, principalmente formada polos ndebele, seguía a Joshua Nkomo. Sithole fundou o moderado ZANU-Ndonga que renunciou á loita armada mentres o ZANU dirixido por Mugabe, denominado agora ZANU PF e controlado principalmente por shonas, seguía unha axenda máis militante.[6]
Sithole uniuse a un goberno de transición de brancos e negros o 31 de xullo de 1979.[7] Máis tarde en setembro de 1979 estivo presente no acordo de Lancaster House, presidido por Lord Carrington, que abría o camiño para a celebración de eleccións, mais os guerrilleiros do ZANLA de Mugabe atacaron a zona de influencia do ZANU-Ndonga e non logrou deputado ningún nesas eleccións.
Declarando que a súa vida estaba en perigo por motivos políticos, Sithole autoexiliouse ao Reino Unido en 1980 e logo en Silver Spring nos Estados Unidos en 1984. Volveu a Cimbaue en 1992.[8] Nas eleccións de 1995 saíu elixido pola circunscrición de Chipinge e presentou a súa candidatura ás eleccóns presidenciais de 1996 así e todo retirouna pouco antes da votación afirmando que o ZANU PF de Mugabe lle impedía facer campaña.[9] En decembro de 1997 un tribunal condenouno por conspiración para asasinar a Mugabe e o goberno inhabilitouno para acudir ao parlamento. Non obstante Sithole volveu gañar o escano nas eleccións en Chipinge nas eleccións de xuño de 2000
Sithole é autor da primeira novela en nbedele[10] Umvukela WamaNdebele publicada en 1956 pola Oficina de Literatura de Rodesia do Sur co título de Amandebele kaMzilikazi. Tamén o autor The Polygamist, unha novela publicada en 1972 por The Third Press/Joseph Okpaku Publishing en Nova York.