Nemesio de Emesa

Modelo:BiografíaNemesio de Emesa
Biografía
Nacementoc. 350 Editar o valor en Wikidata
Mortec. 420 Editar o valor en Wikidata (69/70 anos)
Bishop of Emesa (en) Traducir
Bispo
Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoFilosofía Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónfilósofo, sacerdote Editar o valor en Wikidata
Período de actividadeséculo IV Editar o valor en Wikidata - século V Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteNovo Dicionario Enciclopédico, 1911-1916
Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron
Encyclopædia Britannica Editar o valor en Wikidata
BNE: XX1371407

Nemesio (en latín Nemesius, en grego Νεμέσιος ) foi un escritor grego. Suponse que foi bispo de Emesa, segundo a introdución da súa obra, e certamente era un cristián piadoso. A súa época é incerta pero suponse que viviu a finais do século IV e principios do século V, xa que o menciona Anastasio de Nicea e Nemesio menciona a Eunomio.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Escribiu Περὶ Φύσεως Ἀνθρώπον, 'De Natura Hominis' Sobre a natureza do home, un interesante tratado filosófico moi eloxiado por todos os que o mencionaron, que en ocasións foi atribuído a Gregorio de Nisa, erro que probabelmente xurdiu ao confundir este tratado co libro de Gregorio titulado Περι Κατασκυῆς Ἀνθρώπου, De Hominis Opificio.

Nemesio tamén gañou fama polos seus coñecementos de fisioloxía. Coñecía as funcións da bile e tamén sabía como funciona o sistema de circulación sanguínea[1].

  1. 1.Nemesius a: William Smith (editor), A Dictionary of Greek and Roman Biography and Mythology. Vol. II Boston: Little, Brown & Comp., 1867, p. 1152